San Vicente de Zaragoza, tamén coñecido como San Vicente de Huesca ou San Vicente Mártir,[1] e tamén coas variantes Vicenzo e Vicencio[1], foi un clérigo hispanorromano, diácono de San Valerio de Zaragoza.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaVicente de Zaragoza
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Vincentiusla Editar o valor en Wikidata
século III Editar o valor en Wikidata
Huesca, España Editar o valor en Wikidata
Mortec. 304 Editar o valor en Wikidata
Valentia Edetanorum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, morte na fogueira Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cæsaraugusta Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDiácono Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresValerius II of Saragossa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de xaneiro
11 de novembro (Igrexa ortodoxa) Editar o valor en Wikidata
Patrón deAdegueiro, Portugal e Lisboa Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porSedición Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia >>>:Vincent, St.
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1151266 Find a Grave: 10851073 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Segundo a tradición, Vicente foi acusado da predicación da fe e martirizado baixo o goberno de Diocleciano.

A persecución en Hispania

Non se sabe con certeza se naceu en Huesca ou en Zaragoza.[2] Durante a persecución de Diocleciano, Valerio, bispo de Zaragoza, e Vicente foron prendidos no ano 303 por orde do prefecto Publio Daciano, e trasladados a Valencia.[2] Valerio foi condenado ao desterro, mentres que Vicente sufriu o martirio. A súa morte produciuse en data imprecisa —a tradición asígnalle o 22 de xaneiro— no ano 304 ou 305.[2] De acordo á lenda, antes de morrer, fixo converterse ao cristinianismo o seu verdugo.

Martirio de Vicente

Thumb
Imaxe de San Vicenzo, en Vimianzo, representado cun corvo ao seu carón.

Vicente foi colocado nun ecúleo.[2] Rompéronlle os brazos e as pernas, azoutárono, e abríronlle as carnes con uñas de garfos de aceiro.[2] Mais, sen conseguir os seus propósitos, Daciano ordenou que fose desollado e colocado nunha grella sobre brasas quentes e sal.[2] Foi guindado máis tarde a un alxube, onde morreu. O seu corpo foi abandonado nun vertedoiro (onde se levantaría unha ermida, hoxe parroquia de San Vicente Mártir en Benimámet), onde foi defendido por un corvo fronte á ameaza dun lobo. Daciano ordenou lanzar o seu cadáver ao mar cunha pedra de muíño, pero o corpo foi devolto á beira. Este foi recolleito e escondido pola comunidade cristiá.

Iconografía e culto

Adoita aparecer en pintura coas vestimentas do seu rango, acompañado por un corvo ou suxeito a unha moa de muíño ou unha grella. Estes símbolos fan referencia ao seu longo e atroz martirio.[2]

É patrón de 31 parroquias galegas coa variante San Vicenzo e de 67 coa variante San Vicente.

En Galicia, adoitábase invocar para a bendición da masa e do pan e, por tal motivo, era considerado patrón dos panadeiros[1]. Algunhas das frases empregadas son:

  • San Vicente te acrecente[1]
  • San Vicente, meu parente, que me puxo a man na frente[1]

Véxase tamén

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.