Bispo de Astorga From Wikipedia, the free encyclopedia
Sampiro, nado en Igrexa do Campo (O Bierzo), ou segundo outras fontes na Zamora[1], cara ao 956 e finado en Astorga no 1041, foi un clérigo e político do reino de León, un dos primeiros cronistas de nome coñecido. Posiblemente houbo personalidades contemporáneas á súa co mesmo nome[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 956 (Gregoriano) Zamora |
Morte | 1041 (84/85 anos) |
Bispo de Astorga | |
1034 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político , presbítero , cronista , historiador |
Lingua | Lingua castelá e lingua latina |
Posiblemente naceu na localidade leonesa de Igrexa do Campo (preto de Cacabelos no Bierzo, ás veces confundida con Sorribas por ser na época considerada parte desa localidade[3]. Algún autor considera, analizando a documentación histórica, que puido nacer en Toro.[4]
Ingresou nun mosteiro, non se sabe se no de Sahagún ou no de San Miguel de Camarzana. Ante o perigo dos ataques musulmáns fuxiu a Zamora e posteriormente estableceuse na corte de León.
A súa crónica, que continúa as de Afonso III de Asturias, recompila os feitos que considerou máis relevantes entre 866 e o 982, en que se interrompe. Notario do rei Vermudo II (984-999), describiuno en termos eloxiosos: foi bastante prudente, confirmou as leis ditadas por Wamba, mandou abrir e estudar a colección canónica, amou a misericordia e o xuízo e procurou reprobar o mal e escoller o ben[5]. Cando o bispo Paio, que lle gardaba bastante rencor, reiniciou a recompilación cronística, substituíu eses eloxios de Sampiro por descricións máis crueis (como o alcume de gotoso co que pasou á Historia).
Despois Sampiro ocupou o cargo de mordomo (posto político de máxima confianza na Corte) con Afonso V (999-1028). Chegou a ser bispo de Astorga desde 1035[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.