From Wikipedia, the free encyclopedia
Wamba[1] ou Vamba,[2] finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 672 e 680.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (la) Wamba, Vamba |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 633 (<633) Penamacor, Portugal |
Morte | c. 688 (54/55 anos) Pampliega, España |
Lugar de sepultura | Toledo (1274–) Pampliega (688–1274) |
Rei dos visigodos | |
672 – 680 ← Recesvinto – Ervixio → | |
Datos persoais | |
Residencia | Toledo |
Relixión | Cristianismo niceno |
Actividade | |
Ocupación | monxe cristiano (680–), guerreiro, monarca |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
A morte de Recesvinto levou á nobreza a proclamalo rei, a pesar de rexeitar o nomeamento debido á súa avanzada idade. Wamba foi forzado pola nobreza a aceptar o trono na localidade de Gérticos, despois chamada Wamba (situada na actual provincia de Valladolid, a 19 km da capital) na súa honra. Por iniciativa propia esixiu ser coroado en Toledo o 20 de outubro de 672.
Foi o último rei que deu esplendor aos visigodos. Coa súa morte comeza a decadencia. O seu reinado non foi fácil, pois o pasou case enteiramente sufocando as loitas internas da nobreza contra a monarquía, os nobres entre si, os católicos contra os arianos e a poboación hispanorromana contra os visigodos. Ademais tivo que sufocar unha rebelión dos vascóns, e no 672 houbo de enfrontarse a un novo e descoñecido perigo: a invasión de norteafricanos ou árabes, que tentaron pasar á Península por Alxeciras, intento que foi rexeitado polos visigodos.
Crese que o metropolitano de Toledo, Xiao II, interveu na conxura que acabou co poder do rei Wamba. O rei foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, tonsurárono, vestírono cun hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa no ano 680.
Durante o seu reinado celebrouse o terceiro concilio de Braga.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.