From Wikipedia, the free encyclopedia
Salvelinus alpinus é unha especie de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos salmoninos, unha das numerosas comprendidas no xénero Salvelinus,[2][3][4]
Salvelinus alpinus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salvelinus alpinus pescado no encoro de Neves, Tirol do Sur | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Propia dos de lagos alpinos e das augas costeiras das rexións árticas e subárticas, incluíndo as illas do arquipélago ártico do Canadá.[5]
Ningún outro peixe de auga doce se encontra tan ao norte.
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Salmo alpinus.[2][3]
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos:[2][3]
Na actualidade recoñécense as tres subespecies seguintes:[2]
A área de distribución de Salvelinus alpinus e cicumpolar, encontrándose nos lagos alpinos e nas augas costeiras das rexións árticas e subárticas, incluíndo as illas do arquipélago ártico do Canadá.[5] Observouse no Ártico canadense, Groenlandia, Islandia, Escandinavia, Siberia e Alasca.[1][6]
Ningún outro peixe de auga doce se encontra tan ao norte.
Intimamente relacionado co salmón e a troita, comparte características con ambos os dous.
Pode alcanzar unha lonxitud de 1,10 m e un peso de 15 kg.[7]
A idade máxima publicada é de 40 anos.[8]
En xeral, o dorso é escuro, de cor parda olivácea, e o ventre e os flancos claros. O dorso e os laterais aparecen con característicos puntos vermellos ou rosados, de maior tamaño ao longo da liña lateral, á veces maiores que a pupila. Porén, a cor é mi variábel, dependendo da situación, a época do ano e o grao de madureza sexual. Na época da desova, os adultos de ambos os sexos, pero especialmente os machos, presentan unha brillante coloración vermella ou alaranxada no ventre e as aletas pectorais, pelvianas e na anal. Esta coloración vermella danlla os carotenoides presentes na dieta; os anfípodos son a principal fonte deste pigmento. Os inmaturos presentan 11 manchas escuras en cada costado. As aletas son claras nos xuvenís, e escuras nos adultos.
É unha especie bentopeláxica que vive en augas frías e ben oxixenadas, que aparece en zonas profundas dos ríos medianos ou grandes, e nos lagos. Poden ser anádromo, semianádromo ou sedentario. Os espécimes que viven ao norte dos 65° N de latitude son xeralmente anádromos.[1][6]
As formas anádromas pasan gran parte das súas vidas no mar, onde ocupan un rango de profundidades de 30 a 70 m. As poboacións non migratorias permanecen permanentemente nos lagos e ríos.[6]
É unha especie extremadamente sensíbel á contaminación da auga.
A súa dieta varía segundo a estación e o lugar onde se atopa. Adoita ser oportunista. Encontraronse máis de 30 especies no seu estómago.[9][6][10][11]
As poboacións de auga doce aliméntanse de crustáceos planctónicos, anfípodos, copépodos, moluscos, insectos e doutros peixes, incluso da súa propia especie.[9][12]
Os mesmos crustáceos que lles serven de alimento son con frecuencia hospedadores intermediarios de parasitos.
As femias adoitan depositar de 3 000 a 5 000 ovos. Non morren despois da desova, como ocorre no salmóns do Pacífico (xén ero Oncorhynchus, e adoitan desovar varias veces ao longo da súa vida, normalmente cada segundo ou terceiro ano. A ceías emerxen na primavera e permanecen no río de 5 a 7 meses, ou até que miden uns 15-20 cm de lonxitude. A madurez sexual varía de 4 a 10 anos, cando alcanzan os 50 ou 60 cm de lonxitude.[13][14][15][11]
A súa pesca non reviste grande interese comercial, pero é unha especie usada en acuicultura e un trofeo moi común en pesca deportiva.
Comercialízase fresco, afumado, enlatado e conxelado. Cómese salgado, cocido, frito e asado.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida sen que se coñezan grandes ameazas xeneralizadas, e aínda que varias poboacións diminuíron significativamente, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.