From Wikipedia, the free encyclopedia
A Salmonelose é unha intoxicación alimentaria causada pola bacteria Salmonella enterica. Causa diarrea intensa e outros síntomas abdominais. A febre tifoide é unha enfermidade relacionada, mais causada por subespecies diferentes.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As Salmonella son bacilos gramnegativos, móbiles e anaerobios facultativos, pertencentes á familia Enterobacteriaceae. Ten altos niveis de metabolismo en comparación con outras bacterias.
A Salmonella enterica produce unha enterotoxina. É resistente ao paso polo estómago, producindo encimas que a protexe da acidez e das proteases.
Invade localmente a mucosa intestinal a través da endocitose polas células M. É resistente á dixestión dentro dos fagocitos. Non é invasiva ao contrario da Salmonella typhi.
Afecta case todos os animais domésticos, mais especialmente as aves, a través dos alimentos ou auga contaminados. Os ovos e carne de aves mal cociñados son as fontes máis comúns da infección.
A prevalencia, en Europa, descendeu desde cifras de 35,3 casos por 100.000 persoas en 2006 ata valores do 23,6 en 2009. As taxas máis altas corresponden a Checoslovaquia (100,1 casos por 100.000 habitantes), Eslovaquia (77.3), Lituania (61.6) e Hungría (58.5); en España a prevalencia rolda o 25 por 100.000. .
En 2015 diagnosticáronse (en tres comunidades autónomas españolas xunto con Ceuta e Melilla) 9069 casos de salmonelose; houbo un claro descenso nos casos producidos por S. enteritidis dende o ano 2011, e un aumento dos casos de Typhimurium. Nun 32,9% dos casos (2 985) produciuse en meniños menores de 5 anos.
Os casos de salmonelose agrupáronse en 281 gromos, dos que o 84%% tiñan orixe alimentaria. Os alimentos implicados foron, principalmente, os ovos e derivados, cun 77,2% dos gromos, seguidos moi de lonxe polas carnes e produtos cárnicos co 10.2 %.[1][2]
A enterite (inflamación da mucosa intestinal) iníciase de 6 a 48 horas despois da inxestión da comida contaminada. Xorden abruptamente síntomas como vómitos, náuseas violentas e diarrea profusa sen sangue, así como febre, dor abdominal forte e dores de cabeza, que persisten durante dous a sete días. Xeralmente non hai complicacións e a resolución é completa.
Unha complicación rara é a septicemia (infección do sangue), que é unha emerxencia médica que pode resultar en osteomielite, endocardite e artrite. Nestes casos úsanse antibióticos.
É feito por cultivo en medio específico de mostras fecais e análise microscópica e bioquímica.
Non se aconsella o tratamento antibiótico, porque moitas veces prolonga a doenza.
É aconsellado beber auga cun pouco de sal e azucre para evitar síntomas de deshidratación, especialmente en nenos.
A carne de aves e ovos deben estar ben cociñados, e deben ser observadas medidas de hixiene básicas na preparación da comida. Despois de preparación de carne de aves crúa ou ovos, o mesado e os utensilios usados deben ser ben lavados antes de seren usados para preparar outros alimentos.
Adaptados do Instituto de Estudios del Huevo [3]:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.