Salitre
From Wikipedia, the free encyclopedia
O salitre[1] ou nitro[2] é unha mestura de nitrato de sodio (NaNO3) e nitrato de potasio (KNO3).
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nitro.

Localización e características
Atópase naturalmente en grandes extensións de Suramérica, principalmente na rexión norte de Chile, con espesuras de até 3,6 metros. Aparece asociado a depósitos de xeso, cloruro sódico (NaCl), outros sales e area. Emprégase polo xeral na fabricación de ácidos (nítrico, sulfúrico) e nitrato de potasio; ademais é un axente oxidante e é usado en agricultura como fertilizante nitroxenado que pode substituír a urea polo seu alto contido en nitróxeno.
Outros usos son a fabricación de dinamita, explosivos, pirotecnia, medicina, fabricación de vidros, mistos, gases, sales de sodio, pigmentos, como conservante de alimentos, esmalte para fins artesanais etcétera.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.