From Wikipedia, the free encyclopedia
Sahul, tamén chamado continente australiano, é unha rexión xeográfica situada no continente de Oceanía, conformada por Australia, Tasmania, Nova Guinea e diversas illas adxacentes como as illas Aru e as Raja Ampat. A pesar de que Australia está separada de Papúa Nova Guinea polo estreito de Torres e de Tasmania polo de Bass, as tres masas de terra son as partes afloradas da mesma plataforma continental e están moi relacionadas dende os puntos de vista biolóxico, xeolóxico e antropolóxico.
Tipo | continente submerso (pt) paleocontinente (pt) | ||
---|---|---|---|
As illas de Nova Zelandia non son consideradas parte de Sahul, pero si parte de Australasia para outros propósitos ligados coa bioxeografía.
A historia do termo remóntase ó século XVII no que figuraba en mapas holandeses como Sahull ou Sahoel, para referirse ós bancos de area entre Australia e Timor. A plataforma continental estableceuse en 1845 co nome de Gran Banco Australiano por G.W. Earl[1] quen apreciou que había canguros tanto en Australia como en Nova Guinea e nas illas Aru. En 1919 o xeólogo holandés Molengraaff.[2] rescata o termo.
Na historia xeolóxica da Terra, denominase continente Sahul á continuidade terrestre Australia-Tasmania-Nova Guinea, dado que estaban unidos polas terras afloradas durante o Plistoceno.[3] (ver secuencia de imaxes Arquivado 26 de xullo de 2017 en Wayback Machine.) Antes de 1970 chamábase Australasia,[2] nos anos 70 Grande Australia e finalmente en 1975 estendeuse o nome Sahul tanto para a plataforma como para o antigo continente.[4]
O chamado continente australiano equivale xeograficamente a Sahul. Non existe actualmente uniformidade de criterios para definir o número e a natureza dos continentes da Terra, polo que noutras culturas ou linguas como o inglés, en lugar de Oceanía preferise o emprego de continente australiano ou simplemente Australia[5][6] xerándose ambigüidade entre Australia o país e o continente co mesmo nome. Con todo o emprego de Oceanía como continente,[7][8] é un concepto máis amplo e tradicional que se emprega en gran parte do mundo, como é o caso de Latinoamérica e o Sur de Europa.
Outros termos para referirse a esta rexión empregados por biólogos e arqueólogos son Meganesia,[9] Australínea[10] e Australia-Nova Guinea.[11] En todos estes casos a definición e lindes varían segundo diversos criterios podendo ser equivalente a Sahul ou incluír ademais partes de Oceanía como Nova Zelandia ou Polinesia. Outro termo é Oceanía Próxima, empregado ás veces no ámbito lingüístico e noutros ámbitos, o cal define a parte Oeste de Melanesia[12] e ás veces inclúe a Australia.
O mar de Timor ten uns 480 km de ancho, en dirección E-O, cubrindo unha área duns 610.000 km². O seu punto máis profundo é a fosa de Timor na área norte do mar, cunha profundidade de 3.300 m. O resto do mar é moito menos profundo, sendo a súa profundidade media de menos de 200 m, ó estenderse sobre da plataforma Sahul, parte da plataforma continental australiana. O mar de Timor limita ao leste co mar de Arafura (hidrograficamente un brazo do océano Pacífico) e ao norte co mar de Banda e o mar de Savu.
O mar posúe un número de illas significativas, entre as que se atopan a illa Melville, situada fóra da costa australiana, e as illas Ashmore e Cartier, baixo goberno australiano. Crese que os primeiros poboadores que chegaron a Australia o fixeron viaxando de illa en illa a través do mar de Timor.
O mar de Timor ten dúas importantes entradas na costa norte de Australia: Polo golfo Xosé Bonaparte, na honra do irmán de Napoleón Xosé I de España, e polo golfo Van Diemen. A cidade australiana de Darwin é a única cidade importante que se atopa sobre este mar.
Este mar é unha zona de formación de tormentas tropicais e tifóns.
Baixo o mar de Timor existen importantes reservas de petróleo e gas. O campo de gas de «Greater Sunrise» é o meirande campo existente no mar de Timor e prevese que lle podería reportar a Timor Oriental un total de $4.000 millóns de dólares.
Australia e Timor Oriental tiveron unha longa disputa sobre os dereitos de explotación de petróleo e gas nunha área chamada Timor Gap. A reclamación territorial australiana esténdese até o eixo barimétrico (a liña de maior profundidade do fondo mariño) na fosa de Timor. Esta reclamación superponse nalgunhas partes coa reclamación territorial de Timor Oriental, que segue a reclamación de Portugal cando Timor era unha colonia portuguesa, que argumenta que a liña divisoria debe de ser a liña equidistante entre ambos os países.
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Timor como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of Oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48i e defíneo da seguinte forma:
No norte.
O límite sueste do mar Savu (48o), a costa sueste de Timor e o límite sur do mar de Banda (48g).
No leste.
O oeste do mar de Arafura (48h). [Unha liña dende o cabo Don hasta Tanjong Aro Oesoe, o punto meridional de Selaroe (illas Tanimbar).]
No sur.
A costa norte de Australia, dende o cabo hasta o Cabo de Don Londonderry (13°47'S, 126°55'E).
No oeste.
Unha liña dende o cabo de Londonderry, ate o punto suroeste da illa de Roti (10°56'S, 122°48'E)..Limits of oceans and seas, pág. 28.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.