mar From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Arafura é un brazo pouco profundo do océano Pacífico que cobre a plataforma continental entre Australia e Nova Guinea.
Tipo | mar interior | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Indonesia | |||
División administrativa | Indonesia | |||
| ||||
Comparte fronteira con | Papúa | |||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Profundidade | 3.680 m | |||
Superficie | 650.000 km² | |||
O mar de Arafura está arrodeado, ao leste, polo estreito de Torres e a través del comunícase co mar de Coral; ao sur, polo golfo de Carpentaria; ao oeste, polo mar de Timor; e, ao noroeste, polo mar de Banda e o mar de Ceram. Cunha superficie duns 700.000 km2, ten unha lonxitude duns 1290 km e un ancho de 560 km e unha profundidade entre 50 e 80 m, aumentando cara ao oeste. Ao ser un mar tropical pouco profundo, as súas augas son propicias para a formación de ciclóns tropicais.
O mar atópase sobre a plataforma mariña de Arafura, parte da plataforma de Sahul. Durante a última era glacial ao ser moi baixo o nivel do mar, a plataforma de Arafura, o golfo de Carpentaria e o estreito de Torres formaban unha gran ponte de terra que conectaba Australia e Nova Guinea, facilitando a migración dos humanos desde Asia cara a Australia. Estas masas de terra combinadas reciben o nome de continente de Sahul.
É potencialmente un sitio adecuado para a pesca de demersais, animais que viven no fondo mariño. Posto que posúe un gran ecosistema mariño, no 2002, creouse o Foro experto dos mares de Arafura e Timor (polas súas siglas en inglés: ATSEF) para promover unha xestión sostible dos mesmos tanto desde un punto de vista económico como en canto do coidado do medio ambiente.
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Arafura como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asínalle o número de identificación 48h e defíneo do seguinte xeito:
No Norte.
O límite sueste do mar de Ceram (48 f) e o límite oriental do mar de Banda (48 g).
No Leste.
A costa sur de Nova Guinea desde Karoefa (133°27'L) á entrante do río Bensbak (141°O1'L), e desde alí unha liña até o extremo noroeste da península de York, Australia (11°05'S, 142°03'L).
No Sur.
Pola costa norte de Australia desde o extremo noroeste da península de York até o cabo Don (11°19'S, 131°46'L).
No Oeste.
Unha liña desde o cabo Don até Tanjong Aro Oesoe, o punto meridional de Selaroe (illas Tanimbar).
[O límite sueste do mar de Ceram (48 f). Unha liña de Karoefa, Nova Guinea, ao extremo sueste da illa de Adi, e desde alí a Tg. Borang, o punto setentrional de Noehoe Tjoet (5°17'S, 133°09'L).]
[O límite oriental do mar de Banda (48 g). De Tg Borang, o punto setentrional de Noehoe Tjoet, a través desta illa até a súa punta sur, e desde alí unha liña á punta nordeste de Fordata, a través desta illa e cruzando a punta nordeste de Larat, illas Tanimbar (7°06'S, 131°55'L), baixando a costa oriental de Jamdena até a súa punta meridional, a través de Anggarmasa, a punta norte de Selaroe, e a través desta illa até Tg. Aro Oesoe, a súa punta meridional (8°21'S, 130°45'E)].Limits of oceans and seas, páx. 28.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.