A Sociedad Estatal de Promoción de Suelo (SEPES) é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento, cuxo fin último é a xestión pública do solo en todos os seus aspectos, incluíndo solo industrial, residencial, terciario e loxístico.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Sociedad Estatal de Promoción de Suelo | |
---|---|
Tipo | entidade pública empresarial |
Fundación | 1959 |
Localización | Madrid |
Fundador | Ministerio de Industria de España |
Produtos | desenvolvemento e planificación de solo industrial, terciario e residencial |
Na rede | |
https://www.sepes.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nalgúns casos a actividade desta entidade reflíctese en forma de Sociedades Mercantís, Consorcios Urbanísticos e Xuntas de Compensación, nas que participan tamén Comunidades Autónomas, Concellos, outros Organismos Públicos e mesmo a iniciativa privada.
O seu ámbito de actuación é moi amplo participando tanto en intervencións urbanas de gran calado, actuacións residenciais e parques empresariais.
Evolución histórica
SEPES é herdeira directa de dous organismos públicos que alcanzaron un gran prestixio no ámbito urbanístico da Administración do Estado:[1]
- Gerencia de Urbanización
- Instituto Nacional de Urbanización (INUR)
A Gerencia de Urbanización creouse en 1959 co obxectivo de preparar solo urbanizado. Actuou até 1972, ano en que pasou a se denominar Instituto Nacional de Urbanización, desenvolvendo unha importante actividade urbanizadora de solo residencial e industrial até 1981.
En 1981 extinguiuse o INUR, adscribíndose á recentemente creada Sociedad Estatal de Promoción e Equipamento de Suelo (SEPES) boa parte do seu persoal e a totalidade das súas actuacións urbanísticas industriais e transferíndose as súas actuacións residenciais ás Comunidades Autónomas.
Ámbito de Actuación
Por medio do Real Decreto 1525/99 de 1 de outubro, SEPES, Entidade Pública Empresarial de Suelo abriuse outra etapa para esta Entidade Pública na que se marcan novos obxectivos e se amplía o ámbito de actuación a solo terciario e de servizos.
Polígonos industriais desenvolvidos na comunidade galega
- Polígono industrial A Grela - Bens (1963)
- Polígono industrial do Tambre (1975)
- Polígono industrial da Gándara (1982)
- Polígono industrial das Gándaras (19??)
- Polígono industrial de Bergondo (1990)
- Polígono industrial Río do Pozo (1993)
- Polígono industrial do Ceao (19??)
- Polígono industrial do Espírito Santo (1996)
- Polígono industrial Vilar do Colo (2000)
- Polígono industrial dos Capelos (2002)
- Polígono industrial da Tomada
- Polígono industrial Curtis-Teixeiro
- Parque empresarial de Ribadeo
- Polígono industrial do Morelle[2]
O SEPES tamén ten unha participación maioritaria en Suelo Empresarial del Atlántico, entidade que se dedica á promoción de solo empresarial en Galiza.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.