polígono industrial na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O parque empresarial de Agrela[1][2] é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES[3]. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens.
Parque Empresarial de Agrela | |
---|---|
Sede do Grupo Hijos de Rivera e factoría de Estrella Galicia. | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 1961 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°21′09″N 8°25′21″O | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbon, Vodafone, Marineda City ou Voz Audiovisual. No polígono teñen sede os concesionarios de Toyota, Opel, Fiat, Ford e Nissan.
O polígono de Agrela inaugurouse o 9 de setembro de 1961 nunha visita que realizou Franco á Coruña e Ferrol.[4] Nese momento estaban instaladas a fábrica de aluminio, a fábrica de grafitos eléctricos e a subestación eléctrica (posteriormente terreos que ocuparía Marineda City).[5] Inicialmente tiña 218 parcelas (887 677 m2), mais algunhas de gran superficie foron subdivididas con posterioridade. Agrela eran os terreos que quedaban baleiros entre a cidade da Coruña e a refinaría. Non se podía construír a menos de tres quilómetros da refinaría por motivos de seguridade. Esta zona pasou de ser leiras estar ocupada por empresas.
En novembro de 1972 trasladouse dende Catro Camiños a fábrica de cervexas de Estrella Galicia.[6]
En 2004 inaugurouse un busto en homenaxe a Eduardo Diz, fundador da empresa de frío industrial Frigo Diz e promotor do polígono, na rotonda onde conflúen a estrada de Baños de Arteixo, a avenida de Enrique Salgado Torres, a rúa Severo Ochoa e a avenida de Arteixo. Desde aquela, a glorieta leva tamén o nome do industrial coruñés.[7]
A comezos do século XXI, grazas aos cambios das normativas municipais, comezaron a se instalar no polígono cadeas de supermercados como Lidl, Eroski ou Día e se chegaron a construír até tres centros comerciais: Comcor (coas galegas Bricoking e Pórtico como grandes motores), Dolce Vita en 2008 e finalmente IKEA con Marineda City en 2010 e 2011 respectivamente.
Ademais de empresas privadas do serctor industrial e servizos no polígono tamén se teñen construído unha serie de infraestruturas públicas de especial importancia a nivel municipal como son os campos de fútbol Arsenio Iglesias Pardo e Rodrigo García Vizoso, o parque de bombeiros, un grande almacén de mobiliario urbano[8], o matadoiro e o mercado municipal de froitas e verduras, un punto de recollida selectiva de lixo, o Centro Municipal de Empresas nun antigo igrexario. Tamén existiu un parque automobilístico do Exército de Terra de España, que pertenceu ao que hoxe se coñece como a BRILAT, e que foi parcialmente derrubado tras levar anos pechado para a construción da Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña.[9]
Na rotonda Eduardo Diz érguese o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, e na rúa José María Rivera está o Museo Estrella Galicia, dedicado á produción cervexeira de Estrella Galicia.[10] A Fundación María José Jove, que conta cunha importante colección de arte, tamén ten a súa sede no corazón do polígono[11].
Orixinariamente o polígono contaba -na rúa Severo Ochoa- cun cargadeiro que formaba parte do ramal ferroviario que conecta a Refinería da Coruña directamente coa Estación de San Cristovo, na actualidade en desuso.[12]
Un oleoduto que cruza o polígono en dirección leste - oeste conecta directamente os peiraos petroleiros coa refinería.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.