empresa multinacional estadounidense con factorías na Coruña e na Mariña lucense From Wikipedia, the free encyclopedia
Alcoa Inc. (acrónimo de Aluminum Company of America) é unha empresa multinacional de base estadounidense fundada en 1888, que na actualidade ten dúas factorías en Galicia, na Coruña e na Mariña lucense, no concello de Xove. Esta factoría é coñecida como Alúmina-Aluminio ou Alcoa-San Cibrao, por estar a entrada no lugar de San Cibrao (Cervo), pero tributa en Xove por estar en terreo dese concello a administración.
Alcoa | |
---|---|
Tipo | Empresa Pública |
Fundación | 1888 Pittsburgh, Pensilvania Estados Unidos |
Localización | Lever House Cidade de Nova York, Nova York Estados Unidos Pittsburgh, Pensilvania Estados Unidos |
Fundador | Charles Martin Hall |
Persoas clave | Klaus Kleinfeld (Director) |
Industria | Aluminio |
Produtos | Aluminio Alúmina |
Beneficio | 23 000 millóns de dólares (en 2015) |
Número de empregados | 61.000 (decembro de 2011) |
Na rede | |
http://www.alcoa.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alcoa é o terceiro maior produtor mundial de aluminio, tras Río Tinto Alcan e a rusa Rusal.
Nada en 1888 como Pittsburgh Reduction Company, en 1907 pasa a chamarse Aluminum Company of America. O acrónimo Alcoa foi empregado en 1910, e en 1998 foi adoptado como o nome oficial da empresa.[1]
En 1998 mercou parte das instalacións da INI adicadas á fabricación de aluminio Inespal, pasando a chamarse a súa sección en España Alcoa-Inespal[2], con centros de produción en:
No século XXI, a raíz do método da poxa enerxética para grandes industrias e as variacións no mercado mundial do aluminio, a empresa sufriu periódicos altibaixos e protestas. No comezo de 2019 as instalacións da Coruña e Avilés están amezadas de peche, manténdose a de San Cibrao en espera das condicións de poxa.[6][7]
En San Cibrao, Cervo, a empresa Inespal construíu unha factoría alumineira que comezou a funcionar no 1979.[8] No 1997, coa privatización de Inespal, a multinacional Alcoa fíxose coas instalacións. Promovida por Endasa e Alugasa dende o 1974, en xaneiro de 1979 entraron en funcionamento só 32 cubas electrolíticas, aínda que coa previsión de ter 512 cubas en funcionamento en dúas series, para unha produción de ata 270 000 toneladas de aluminio líquido ó ano, e 4 megatoneladas de alúmina. No 1997 era a terceira planta do mundo en canto á produción de aluminio.[8]
A súa vida útil viu marcada por diversos conflitos, dende a apertura, polos niveis de flúor, e despois, polo desastre do Cason. A balsa de lodos vermellos é unha ameza constante sobre a zona.[9]
Aínda que se fala de Alcoa-S. Cibrao, por localizarse en dito lugar a entrada principal á fábrica, ó ser o lugar onde se localiza a administración territorio de Xove, é alí onde tributa.
O seu porto, con dous diques de arredor dun quilómetro cada un, é o maior da costa lucense. Nel descárgase a bauxita que alimenta o complexo, e ten un peirao auxiliar para alúmina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.