Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
William Rowan Hamilton, nado o 4 de agosto de 1805 e finado o 2 de setembro de 1865, foi un matemático, físico, e astrónomo irlandés que fixo importantes contribucións ao desenvolvemento da óptica, a dinámica, e mais a álxebra.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O seu achado do cuaternión é se cadra a súa pescuda máis coñecida. O traballo de Hamilton en dinámica foi despois decisivo no desenvolvemento da mecánica cuántica, onde un concepto fundamental chamado hamiltoniano leva o seu nome. Hamilton demostrou o seu inmenso talento a unha idade moi temperá, o que levou a John Brinkley, astrónomo e bispo de Cloyne, en 1823, a dicir del con só 18 anos:
Este mozo, non digo que será, senón que é, o primeiro matemático do seu tempo.
No ano 1833 deu a luz á hoxe chamada Mecánica Hamiltoniana, desenvolvemento matemático da mecánica a partir das ecuacións de Lagrange.[1]
Ao final da súa vida Hamilton tivo graves problemas de alcoholismo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.