From Wikipedia, the free encyclopedia
Pierre-Louis Moreau de Maupertuis, nado en Saint-Jouan-des-Guérets o 7 de xullo de 1698 e finado en Basilea, Suíza o 27 de xullo de 1759 foi un filósofo, matemático e astrónomo francés.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1698 Saint-Malo, Francia |
Morte | 27 de xullo de 1759 (61 anos) Basilea, Suíza |
Presidente Academia Prusiana das Ciencias | |
1746 – 1753 | |
6º Cadeira 8 da Academia Francesa (pt) | |
8 de xuño de 1743 – 27 de xullo de 1759 ← Charles-Irénée Castel de Saint-Pierre (pt) – Jean-Jacques Lefranc de Pompignan (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Director de tese | Johann Bernoulli (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas, mecánica, astronomía e xeodesia |
Ocupación | astrónomo, físico, naturalista, matemático, filósofo, militar |
Membro de | |
Profesores | Johann Bernoulli (pt) |
Alumnos | Émilie du Châtelet e Pierre Charles Le Monnier (pt) |
Influencias | |
Familia | |
Pai | René Moreau de Maupertuis |
Irmáns | Louis-Malo Moreau de Saint-Elié |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Biblioteca dixital BEIC |
O principio de mínima acción establece que en todos os fenómenos naturais, unha cantidade chamada "acción" tende a ser minimizada. Maupertuis desenvolveu este principio ao longo de dúas décadas. Para el, a acción podía ser expresada matematicamente como o produto da masa do corpo implicado, a distancia percorrida e a velocidade á que viaxa.
Na súa obra Vénus physique (1745) Maupertuis opúxose á teoría da preformación do embrión entón de moda, afirmando que o pai e a nai teñen unha influencia semellante na herdanza. Maupertuis trata de explicar os fenómenos xenéticos a partir dunha teoría de atracción físico-química.
Para Maupertuis, a natureza era demasiado heteroxénea como para ser creada por deseño. A súa perspectiva materialista e mecanicista (debida ao seu coñecemento das teorías newtonianas[2] e os seus coñecementos ao redor da herdanza) permitíronlle desenvolver unha teoría da vida bastante próxima ao moi posterior mutacionismo de Hugo de Vries (1848-1935). Segundo Maupertuis, as primeiras formas de vida apareceron por xeración espontánea a partir de combinacións azarosas de materias inertes, moléculas ou xermes. A partir destas primeiras formas de vida, unha serie de mutacións fortuítas procreou unha multiplicación sempre crecente de especies. Maupertuis chega mesmo a postular a eliminación dos mutantes deficientes, converténdose así nun antecedente da teoría da selección natural.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.