cantante estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Ronald James Padavona, nado en Portsmouth (Nova Hampshire) o 10 de xullo do 1942 e finado en Houston o 16 de maio do 2010[1], foi un cantante de heavy metal estadounidense, máis coñecido co nome artístico de Ronnie James Dio.
(2009) | |
Nome orixinal | (en) Ronald James Padavona |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xullo de 1942 Portsmouth, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 16 de maio de 2010 (67 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de estómago |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Outros nomes | Ronnie James Dio |
Actividade | |
Ocupación | cantante de heavy metal, compositor, compositor de cancións |
Período de actividade | 1958 - 2010 |
Membro de | Dio (1983–) Black Sabbath (1979–1982) Rainbow (pt) (1975–1979) Elf (pt) (1967–1975) Heaven and Hell (pt) |
Xénero artístico | Heavy metal, hard rock, Blues rock e heavy metal tradicional (pt) |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz e baixo |
Selo discográfico | Warner Bros. |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Wendy Walters (1978–2010), morte da persoa Loretta Berardi (1963–1972), divorcio |
Fillos | Dan Padavona, fillo adoptivo () Loretta Berardi |
Parentes | David Feinstein, curmán |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | ronniejamesdio.com |
Formou parte das bandas Elf, Rainbow, Black Sabbath, Dio e Heaven and Hell. Foi quen popularizou o xesto dos cornos como parte da simboloxía do heavy metal.[2]
Adoptou o sobrenome de Dio en homenaxe a un mafioso italiano, Johnny Dio. A súa primeira banda foi Elf, pasando a mediados dos 70 a ser o vocalista de Rainbow, banda do ex-Deep Purple Ritchie Blackmore. Despois de gravar catro álbums con eles intégrase en Black Sabbath ata 1983, empezando nese ano a súa carreira en solitario baixo o nome de Dio. Entre discos, directos, recompilatorios e DVDs saca 28 traballos ao mercado, na que é a etapa máis prolífica da súa carreira musical. No 2007 reúnese con tres antigos compañeiros de Black Sabbath (Tony Iommi, Geezer Butler e Vinny Appice) e xuntos forman Heaven and Hell, denominación coa que gravaron un disco, The Devil you Know, no 2009.
En novembro do 2009 foille diagnosticado un cancro de estómago[3], falecendo seis meses despois.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.