Remove ads
cidade do estado de Nova York, nos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia
Rochester é unha cidade na ribeira sur do lago Ontario, no oeste do estado de Nova York, que é a capital do condado de Monroe. Cunha poboación de 208 046 habitantes, Rochester é a terceira cidade máis poboada do estado despois de Nova York e Buffalo. A súa área metropolitana ten unha poboación de algo máis dun millón de persoas. A cidade atópase a 117 km ao leste de Buffalo e a 140 km ao oeste de Syracuse.
Rochester (en) | |||||
Epónimo | Nathaniel Rochester (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Condado | condado de Monroe (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 211.328 (2020) (2.196,18 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 88.006 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Rochester metropolitan area (en) (Poboación:1.090.135) | ||||
Superficie | 96,225189 km² | ||||
Auga | 3,6978 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Lago Ontario, Rio Genesee (pt) e Canle de Erie | ||||
Altitude | 154 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1803 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Malik Evans (en) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14600–14699 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 585 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Modi'in-Maccabim-Re'ut (pt) Rennes (1958–) Würzburg (1964–) Caltanissetta (pt) (1965–) Rehovot (pt) (1972–) Cracovia (1973–) Bamaco (1975–) Waterford - Port Láirge (1983–) Nóvgorod (1990–) Hamamatsu (1996–) Puerto Plata (1997–) Xianyang (pt) (2007–) Alytus (pt) (2009–) | ||||
Sitio web | cityofrochester.gov | ||||
Rochester foi unha das primeiras cidades en auxe dos Estados Unidos, inicialmente grazas ao fértil val do río Genesee, construíndose no lugar numerosos muíños de fariña, e despois converténdose nun centro de fabricación.[1] Varias das universidades da rexión (destacando a Universidade de Rochester e o Instituto de Tecnoloxía de Rochester) teñen recoñecidos programas de investigación. A área é o lugar de nacemento de compañías como Kodak, Western Union, French's, Bausch & Lomb, Gleason e Xerox, que realizan extensas investigacións e fabricación de produtos industriais e de consumo. Ata 2010 a área metropolitana de Rochester foi a segunda maior economía rexional do estado, despois da área metropolitana da cidade de Nova York.[2] O Produto Rexional Bruto de Rochester desde entón situouse xusto por debaixo de Buffalo, aínda que superándoa en renda per cápita.[3]
No ano 2007, a 25ª edición do Places Rated Almanac considerou a Rochester como a "cidade máis habitable" entre 379 áreas metropolitanas dos Estados Unidos.[4] En 2010 Forbes clasificou a Rochester o terceiro mellor lugar para formar unha familia nos Estados Unidos.[5] En 2012 Kiplinger rated Rochester como a quinta mellor cidade no país para as familias, citando un custo baixo da vida, boas escolas públicas, e unha baixa taxa de desemprego.[6]
O pobo seneca vívía na área de Rochester ata perder os dereitos sobre a meirande parte desas terras no tratado de Big Tree en 1797. Descoñécese se houbo asentamentos previos aos do pobo seneca.
O desenvolvemento de Rochester seguiu á Revolución Americana, e forzou a cesión do seu territorio por parte dos pobos iroqueses tras a derrota británica. Aliadas cos británicos, catro grandes tribos iroquesas foron expulsadas de Nova York. Como recompensa pola súa lealdade á Coroa Británica, déuselles unha gran cantidade de terras no río Grand, no Canadá.
Rochester foi fundada pouco despois da Revolución Americana por unha onda de emigrantes descententes de puritanos ingleses procedentes de Nova Inglaterra que estaban buscando terras agrícolas. Foron o grupo cultural dominante en Rochester durante máis dun século. O 8 de novembro de 1803 o coronel Nathaniel Rochester (1752-1831), o maior Charles Carroll, e o coronel William Fitzhugh, Jr. (1761-1839), todos de Hagerstown, Maryland, mercaron un terreo de 40 hectáreas do estado no oeste de Nova York, ao longo do río Genesee. Elixiron ese lugar debido a que as tres fervenzas no Genesee ofrecían un gran potencial. Comezando en 1811, e cunha poboación de 15 persoas, os tres fundadores inspeccionaron o terreo e trazaron rúas e zonas. En 1817 os irmáns Brown e outros propietarios uniron as súas terras co Tracto dos Cen Acres para formar a vila de Rochesterville.
En 1821 Rochesterville era a capital do condado de Monroe. En 1823 tiña unha extensión de 4 km2 e 2 500 habitantes, e a vila pasou a coñecerse só como Rochester. Tamén en 1823 completouse o acueduto Erie Canal sobre o río Genesee, e abriuse o Erie Canal leste ao río Hudson. A principios do século XX, coa chegada do ferrocarril, a presenza da canle no centro foi considerada molesta e desviouse ao sur. En 1830 Rochester tiña 9 200 habitantes e en 1834 foi reincorporada como cidade.
Rochester foi coñecida primeiro como "O Xove León do Oeste", e despois como "A Cidade da Fariña". En 1838 era a principal produtora de fariña dos Estados Unidos. Tendo duplicado a súa poboación en só dez anos, Rochester converteuse na primeira cidade en auxe dos Estados Unidos.
En 1830-31 Rochester experimentou un dos maiores movementos revivalistas protestantes do país, liderado por Charles Grandison Finney. O rexurdimento inspirou a outros do Segundo Gran Espertar. Un pastor líder en Nova York que foi convertido nos encontros de Rochester deu conta do seguinte xeito das reunións de Finney alí: "Toda a comunidade estaba axitada. A relixión era o tema de conversa na casa, na tenda, na oficina e na rúa. O único teatro da cidade converteuse nunha corte; o único circo nunha fábrica de xabón e candeas. As tendas de grog pecháronse; o sábado foi honrado; os santuarios estaban cheos de adoradores felices; déuselle un novo impulso a todas as empresas filantrópicas; abríronse as fontes de benevolencia e os homes vivían para o ben".[7]
A mediados do século XIX, cando o centro da industria de procesado de trigo comezou a moverse cara ao oeste, xunto coa poboación e a agricultura, a cidade converteuse no fogar dunha crecente industria de viveiros, dando lugar ao seu segundo alcume, "A Cidade das Flores". Os viveiros rodeaban a cidade, sendo os máis famosos os fundados en 1840 polos inmigrantes Georg Ellwanger de Alemaña e Patrick Barry de Irlanda.[8]
En 1847 Frederick Douglass fundou o xornal abolicionista The North Star en Rochester.[9] Douglass fora escravo e era un orador e escritor en contra da escravitude, conseguindo o seu periódico máis de 4 000 lectores nos Estados Unidos, Europa e O Caribe. The North Star serviu como un foro para posturas abolicionistas. A casa de Douglass ardeu en 1872, pero no presente hai un marcador en Highland Park, preto da South Avenue.[10]
Susan B. Anthony, unha líder nacional do movemento polo sufraxio das mulleres, era de Rochester. A décima novena emenda da Constitución dos Estados Unidos, que garantíu o dereito ao voto das mulleres en 1920, foi coñecida como a emenda Susan B. Anthony debido ao sey traballo cara ese paso, que non chegou a ver en vida.[11] A casa de Anthony é un Fito Histórico Nacional coñecido como o National Susan B. Anthony Museum and House.[12]
Ao final do século XIX a anarquista Emma Goldman viviu e traballou en Rochester durante varios anos, defendendo a causa da clase obreira nos talleres clandestinos en Rochester. Rochester tamén experimentou importantes conflitos nas protestas laborais, raciais e contra a guerra.
Tras a guerra civil estadounidense Rochester viu o importante crecemento de novas industrias a finais do século XIX, fundadas por migrantes á cidade, entre os que estaba o inventor e emprendedor George Eastman, que fundou Eastman Kodak, e os inmigrantes alemáns John Jacob Bausch e Henry Lomb, que fundaron Bausch & Lomb en 1861. on só crearon novas industrias, senón que Eastman converteuse nun importante filántropo, desenvolvendo e dotando a Universidade de Rochester, a súa escola de música Eastman e outras institucións locais.
A principios do século XX Rochester converteuse nun centro da industria da confección, en particular da moda masculina. Foi a base de Bond Clothing Stores, Fashion Park Clothes, Hickey Freeman, e Stein-Bloch & Co. O fabricante de carruaxes James Cunningham and Sons fundou a pioneira compañía de automóbiles Cunningham.
A poboación negra de Rochester triplicouse ata superar as 25 000 persoas na década dos 50. Empregados de xeito habitual nas industrias icónicas da cidade, a maioría dos afroamericanos da cidade ocupaban traballos de pouca retribución e de baixa cualificación e vivían en vivendas de calidade inferior. O descontento estoupou nos disturbios racias de Rochester de 1964. Os disturbios desencadeáronse polo intento de arresto dun rapaz negro de 19 anos bébedo nunha festa na rúa. A orde reestableceuse despois de tres días e só despois de que o gobernador Nelson Rockefeller chamase á Garda Nacional de Nova York, sendo a primeira vez que se usaban tropas nunha cidade do norte dende a guerra civil. Houbo catro mortos (tres nun accidente de helicóptero) e 350 feridos. Case un milleiro de persoas foron arrestadas e 204 tendas foron saqueadas ou danadas.[13][14]
A raíz dos disturbios, as igrexas da área de Rochester, xunto con líderes negros de dereitos civís, invitaron a Saul Alinsky da Industrial Areas Foundation para axudar á comunidade a organizarse. Co reverendo Franklin Florence, unha persoa próxima a Malcolm X, crearon FIGHT (Freedom, Integration, God, Honor, Today), que meteu presión con éxito a Eastman Kodak para axudar a abrir o emprego e o goberno da cidade.[15][16]
A poboación acadou os 62 386 habitantes en 1870, os 162 608 en 1900 e os 295 750 en 1920. En 1950 a poboación chegou a un máximo de 332 488 habitantes. En 1950 segundo os datos da oficina do censo, a poboación de Rochester era un 97,6% branca e un 2,3% negra.[17] Coa reestruturación industrial de finais do século XX e o declive da industria e os traballos na área, en 2018 a poboación da cidade baixara ata os 206 284 habitantes (aínda que a da área metropolitana era considerablemente maior) cun 46,58% de brancos e un 40,71% de negros ou afroamericanos.[18][19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.