Frederick Douglass

From Wikipedia, the free encyclopedia

Frederick Douglass

Frederick Augustus Washington Bailey, nado en Cordova, Maryland, en febreiro de 1817 ou 1818[1][2][3][4] e finado en Washington, D.C., o 20 de febreiro de 1895 foi un reformador social, abolicionista, orador, escritor e estadista estadounidense coñecido como Frederick Douglass. Converteuse no máis importante líder afroamericano polos dereitos civís do século XIX.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Frederick Douglass
Thumb
Biografía
Nacemento(en) Frederick Augustus Washington Bailey
14 de febreiro de 1818
Condado de Talbot, Estados Unidos de América (pt)
Morte20 de febreiro de 1895 (77 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
Lugar de sepulturaCemitério Mount Hope (pt)
Washington, D.C. Recorder of Deeds (en)
1881 
Embaixador
Serviço de Delegados dos Estados Unidos (pt)
Datos persoais
ResidenciaBaltimore
Grupo étnicoAfroamericano
RelixiónIgrexa metodista unida
Actividade
Campo de traballoAbolicionismo
Ocupaciónxornalista, abolicionista, sufraxista, orador, montador, caulker (en) , editor literario, autobiógrafo, empresario, diplomático, escritor, político
Partido políticoPartido Republicano
Membro de
MovementoSufraxio e Abolicionismo
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeHelen Pitts Douglass (1884–1895)
Anna Murray-Douglass (1838–1882)
FillosRosetta Douglass
 () Anna Murray-Douglass
Lewis Henry Douglass
 () Anna Murray-Douglass
Frederick Douglass Jr.
 ()
Charles Remond Douglass
 () Anna Murray-Douglass
ParentesAunt Hester, tía
Fredericka Douglass Sprague Perry, neta
Joseph Douglass, neto
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Encyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) , (sec:Douglass, Frederick (1818-1895), p.403-404)
Encyclopædia Britannica
WikiTree: Bailey-7481 Genius: Frederick-douglass
Pechar

Traxectoria

Tras escapar da escravitude en Maryland en 1838, Douglass converteuse no líder nacional do movemento abolicionista en Massachusetts e Nova York e gañou sona pola súa oratoria[5] e polos seus incisivos escritos antiescravistas. Ademais, foi descrito durante a súa vida como un contraexemplo vivente das afirmacións dos escravistas de que que os escravos carecían de capacidade intelectual suficiente para ser cidadáns estadounidenses.[6] Os norteños da época atopaban difícil de crer que tan bo orador fose antes un escravo. Como resposta a isto, Douglass escribiu a súa primeira autobiografía.[7]

Douglass escribiu tres autobiografías, describindo a súa experiencia como escravo en Narrative of the Life of Frederick Douglass, an American Slave (1845), que foi un éxito de vendas e foi influente na promoción da causa da abolición, igual que o seu segundo libro, My Bondage and My Freedom (1855). Trala guerra civil estadounidense, Douglass mantívose activo en prol dos dereitos dos escravos liberados e escribiu a súa última autobiografía, Life and Times of Frederick Douglass. Douglass apoiou tamén activamente o sufraxio feminino e ocupou varios cargos públicos. Sen o seu consentimento, Douglass foi o primeiro afroamericano nomeado para a vicepresidencia dos Estados Unidos, como dupla electoral de Victoria Woodhull polo Equal Rights Party.[8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.