George Eastman

From Wikipedia, the free encyclopedia

George Eastman

George Eastman, nado en Waterville (Nova York) o 12 de xullo de 1854 e finado en Rochester o 14 de marzo de 1932, foi un inventor e empresario estadounidense, o fundador da Eastman Kodak Company e inventor do rolo de película, que substituíu a placa de cristal, co cal conseguiu poñer a fotografía a disposición das masas. O rolo de película sería tamén algo básico para a invención do cinema, xa que o seu uso se atopaba nas creacións dos pioneiros do cine como Thomas Edison, os Irmáns Lumière e Georges Méliès.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
George Eastman

Biografía
Nacemento12 de xullo de 1854
Waterville, Estados Unidos de América (en)
Morte14 de marzo de 1932 (77 anos)
Rochester, Estados Unidos de América
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo
Lugar de sepulturaEastman Business Park (en) 43°11′52″N 77°37′43″O
ResidenciaGeorge Eastman Museum (en) (1905–1932)
Actividade
Ocupaciónemprendedor, filántropo, fotógrafo, inventor, mecenas
Período de actividade1881 - 1932
Obra
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor
PaisGeorge Eastman   e Maria Kilbourn
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Eastman, George, 1854-1932,
1922 Encyclopædia Britannica (en)
WikiTree: Eastman-342
Pechar

Traxectoria

O 4 de setembro de 1888 Eastman rexistrou a marca Kodak e recibiu unha patente para a súa cámara que usaba o rolo de película. Ese mesmo ano lanza ao mercado a cámara Kodak 100 Vista, que utilizaba carretes de 100 fotos circulares e para cuxa campaña de promoción acuñou a frase «Vostede aperta o botón, nós facemos o resto». O máis importante é que a partir deste momento xa non se requirían grandes coñecementos en fotografía ou na utilización de produtos químicos.

Esta cámara vendíase xa cargada e lista para realizar as fotos. Unha vez usada, devolvíase á casa que extraía o carrete, revelaba as fotos e devolvíaas xunto á cámara xa cargada. Os prezos eran moi económicos, uns 25 $ a cámara cargada e o carrete cargado e 10 $ o revelado. Isto supuxo que o uso da fotografía se puido estender a toda a poboación, é xa que logo o momento da popularización da fotografía.

Xa no ano 1889 Eastman mudou o carrete de papel por un de celuloide e uns anos máis tarde eliminou a incomodidade de ter que devolver a cámara enteira, ao comezar a comercialización dun carrete protexido que permite a súa colocación e extracción á luz do día. Foi nestes anos cando xurdiu a fotografía de afeccionado.

Eastman, de carácter complexo, fíxose multimillonario grazas ás súas innovacións, investindo grandes sumas de diñeiro en diferentes obras benéficas. Con todo, a súa inestabilidade psíquica levouno ao suicidio. Deixou unha nota na que poñía:

Os meus amigos e mais o meu traballo están feitos, por que esperar?
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.