Xosé Henrique Rivadulla Conde, coñecido como Xosé Henrique Rivadulla Corcón, nado na Coruña o 18 de setembro de 1962[1], é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaXosé Henrique Rivadulla Conde
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, ensaio, teatro

BNE: XX1173636 AELG: 78 BUSC: rivadulla-conde-xose-henrique-1962 Dialnet: 1958764
Pechar

Traxectoria

A súa infancia e xuventude transcorrera a cabalo entre o barrio coruñés de Monte Alto e Muxía, vila á que segue vinculado na actualidade. Profesionalmente traballa no mundo audiovisual, como guionista e locutor para varias cadeas, así como director teatral e colaborador de varios xornais. A primeira estrea do Centro Dramático Galego é da súa autoría (1985): "Festa rachada", en coprodución polo C.D.G. e a Compañía Titirití e dirixido por Cesar Lombera.[3]

Colaborou na Radio Galega (co programa A casa do vagabundo) e fíxoo tamén na Televisión de Galicia co programa A vida do mercado (anteriormente con Planeta Fantasía, Salitre e vento e Caravana de sabores), ademais de diversos documentais como Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño e Redeira, un oficio galego e de mulleres; e foi xefe de produción da Área da Cultura de TVG, entre 1987 e 1989. Presidiu o Foro de Asociacións de Guionistas do Audiovisual e foi vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente.

Como guionista traballou para diversas produtora privadas como "Corazón Negro", Sincro Porducións", "C.A.I. Producions", "Productora Faro", "Lúa Films", "Non Si P. C.", "Vía Láctea filmes", "CTV", "Editorial Compostela" e "Manivela Producións".[4]

Colaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, RNE, Antena 3, Telecinco.

Obras

Poesía

Narrativa

Teatro

Literatura infanto-xuvenil

Ensaio

Obras colectivas

Premios

  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2004, por O elefante dunha soa orella.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2007, por O sorriso de Claudia.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2010, por Os piratas da Illa Esperenza.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 3º a 4º de ESO e Bacharelato) no 2013, por O noso amor será eterno.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 5º e 6º de Educación Primaria) no 2015, por Soños de mar.
  • Primeiro premio no certame de cine e vídeo de Elxe.[17]

Obras teatrais estreadas

  • Festa rachada, 1985.
  • ¡Furga garabela!, 2001.
  • Praia na noite, 2002.
  • Salitre, 2003.
  • O inxenioso cabalo Rocinante da Mancha, 2004.
  • Pan, 2008.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.