Remove ads

A gaivota tridáctila,[1][2][3][4][5][6][7][8] ou garrucho,[9] (Rissa tridactyla) é unha ave da familia das gaivotas (Laridae).

Máis información Garrucho, Estado de conservación ...
Garrucho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Rissa
Especie: R. tridactyla
Nome binomial
Rissa tridactyla
(Linnaeus, 1758)
Distribución Rissa tridactyla
Distribución Rissa tridactyla

Distribución Rissa tridactyla
Pechar

Descrición

Unha ave adulta desta especie mide uns 40 cm e ten unha envergadura de ás de entre 90 a 100 cm. O seu aspecto é moi semellante ó da variedade parente, a Rissa brevirostris e á gaivota cana (Larus canus). A cabeza, o pescozo e a parte inferior son brancos. O lombo e as ás son de cor agrisada. As puntas das ás e as patas son negras e o bico amarelo. As gaivotas novas teñen bandas negras nas ás e pescozo negro. Chegan á madurez ós tres anos.

Distribución e hábitat

Reprodúcese nas costas dos océanos Atlántico e Pacífico. É máis abundante en Europa e Norteamérica. Entre agosto e abril, fóra da época de cría, vive en mar aberto, sendo a ave máis frecuente no océano Atlántico. Os exemplares das zonas máis nórdicas buscan áreas máis quentes no inverno.

Na época de cría adoita estar en rochedos mariños, xeralmente en cantís inaccesibles, aproveitando gretas nos cantís entre Armeria sp. e Crithmum sp. Nas tempadas de migración e invernada, pasa a maior parte do tempo en mar aberto e nas costas; tamén en augas litorais, algunhas veces incluso en augas interiores, aínda que semella estar medrando a frecuencia destas excursións no interior.

Poboación en Galiza

O garrucho colonizou a Península a comezos dos anos 70, como consecuencia do grande aumento e expansión das súas colonias setentrionais, aniñando por primeira vez nas Illas Sisargas en 1974. Máis tarde descubríronse colonias no cabo Vilán en 1987 e nas Illas Berlengas de Portugal, desaparecendo destas en 1983. Estas colonias marcan o límite sur da súa distribución no Atlántico. En 1992 a súa poboación aniñante estimouse en 235 parellas, cunhas 185 parellas na colonia das Illas Sisargas, considerándose como estabilizada e cunhas 50 parellas no Vilán de Fora. Até finais dos 90 a evolución das colonias semella confirmar a súa estabilidade ou un lixeiro crecemento. Durante o inverno, pasan polas costas galegas miles de aves, sendo máis escaso o seu número no Mediterráneo.

Remove ads

Alimentación

Thumb
Garruchos no niño
Thumb
A maioría das poboacións de R. tridactyla teñen as patas negras e o dedo posterior reducido ou ausente.

Comen peixes pequenos, moluscos e crustáceos. No verán cazan tamén insectos.

Reprodución

Thumb
Ovo de Rissa tridactyla

Son estritamente monógamas. Crían, entre maio e xullo, en grandes e ruidosas colonias nos acantilados. Son capaces de utilizar os acantilados máis escarpados. Poñen dun a tres ovos, duns 6 cm de lonxitude, da cor do ante e con pencas, nun niño feito de terra, brión e algas. Macho e femia chocan os ovos entre 24 e 30 días. Os polos son brancos, porque non precisan camuflaxe perante os predadores, que non acceden ós lugares de cría de garrucho. Non saen de seguida do niño coma outros pitos do xénero Larus para evitar accidentes.

Son aptos para o voo as cinco semanas. Só 24 de cada 100 xoves chegan a acadar os cinco anos, cando se produce a maduración sexual da especie. As causas máis frecuentes de morte son as tormentas e a contaminación mariña producida polo petróleo.

Remove ads

Sistemática

Hai dúas subespecies:

  • Rissa tridactyla tridactyla, do Atlántico norte, con dedo posterior moi pequeno ou ausente.
  • Rissa tridactyla pollicaris, do norte do océano Pacífico, teñen o dedo posterior desenvolvido.

Notas

Remove ads

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads