O cabo Vilán é un cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento Natural. Con todo, a escasa distancia do cabo hai instalado un parque eólico e unha piscifactoría de cría de rodaballo.

Thumb
Cabo Vilán. Camariñas.

O faro de cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. É o faro eléctrico máis antigo de España.

Thumb
Piscifactoría de rodaballo no cabo.

En 1890, o navío inglés Serpent, que navegaba cara a Serra Leoa, afundiu preto do cabo por mor dun temporal, perecendo 173 homes que están soterrados no cemiterio dos Ingleses, a escasa distancia do cabo Vilán.

Para acceder ao cabo hai que ir dende A Coruña a Vimianzo pola C-552 e desviarse pola AC-432 ata Camariñas. Hai unha estrada desde o porto de Camariñas ao faro. Outra ruta costeira, desde Arou e Camelle, percorre por pista de terra por unha das paraxes máis agrestes e fermosas da costa galega.

Por este enclave pasa a ruta de sendeirismo do camiño dos Faros.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.