ópera de Giuseppe Verdi From Wikipedia, the free encyclopedia
Rigoletto é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le Roi s'amuse de Víctor Hugo, mais a ópera desvíase lixeiramente da obra a causa da censura, xa que o personaxe do Duque era orixinalmente o Rei, e algunha parte do texto tivo que ser trocada debido ao contido político. Foi estreada o 11 de marzo de 1851 no Gran Teatro La Fenice de Venecia. Está considerada por moitos unha das primeiras obras mestras operísticas de mediados da carreira de Verdi.
Titta Ruffo como Rigoletto. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Francesco Maria Piave |
Fontes literarias | Víctor Hugo, Le roi s'amuse (1832) |
Estrea | 11 de marzo de 1851 |
Teatro da estrea | La Fenice |
Lugar da estrea | Venecia |
Duración | 2 horas |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Trátase dun drama de paixón, engano, amor filial e vinganza que ten como protagonista a Rigoletto, un bufón chepudo da corte do Ducado de Mantua.
Esta ópera converteuse na actualidade nun fito do repertorio operístico estándar, aparecendo no décimo posto na lista de Operabase das óperas máis interpretadas mundialmente, sendo a 6.ª en Italia e a segunda de Verdi, logo de La Traviata.
Personaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea, 11 de marzo de 1851[3][4] (Director: - ) |
---|---|---|
Rigoletto, o bufón do duque | barítono | Felice Varesi |
Gilda, súa filla | soprano | Teresa Brambilla |
Duque de Mantua | tenor | Raffaele Mirate |
Sparafucile, un asasino | baixo | Paolo Damini[5] |
Maddalena, súa irmá | contralto | Annetta Casaloni |
Giovanna, aia de Gilda | mezzosoprano | Laura Saini |
Conde Ceprano | baixo | Andrea Bellini |
Condesa Ceprano, sáu dona | mezzosoprano | Luigia Morselli |
Matteo Borsa, un cortesán | tenor | Angelo Zuliani |
Conde Monterone | barítono | Feliciano Ponz[6] |
Marullo | barítono | Francesco De Kunnerth |
Un subalterno da corte | baixo | Giovanni Rizzi |
Un paxe | mezzosoprano | Modes Lovati[7] |
Coro: cidadáns |
A orquestra esixe: 2 frautas (Frauta 2 dobra ao piccolo); 2 óboes (Óboe 2 dobra ao corno inglés); 2 clarinetes; 2 fagots; 4 trompas en Mib, Re, Do, Lab, Sol, e Fa; 2 trompetas en Do, Re, e Mib; 3 trombóns, cimbasso,[8] timbais, bombo e pratos, e cordas.
Fóra de escena: Banda, bombo, 2 campás, máquina de tronos. En escena: Violíns (I e II), violas e contrabaixos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.