Vietnam do Norte
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Democrática de Vietnam, tamén coñecida como Vietnam do Norte, foi un Estado socialista fundado por Ho Chi Minh e recoñecido pola China e a URSS en 1950. En 1954, trala derrota de Francia na Batalla de Dien Bien Phu, Francia recoñeceu formalmente este estado e a Indochina Francesa dividiuse en dous.
Việt Nam Dân chủ Cộng hòa (vi) | |||||
Himno | Tiến Quân Ca (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Độc lập – Tự do – Hạnh phúc» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Hanoi | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 23.800.000 (1974) (150.747,4 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua vietnamita | ||||
Relixión | ateísmo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 157,88 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 2 de setembro de 1945 | ||||
Disolución | 2 de xullo de 1976 | ||||
Sucedido por | Vietnam | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Estado unitario Estado socialista república | ||||
Moeda | Dong vietnamita | ||||
Despois desta división produciuse un éxodo masivo dos vietnamitas do Norte cara ao Sur, moitos deles católicos, que sinalaban que a política norvietnamita exercía unha persecución sobre eles e outros tantos foron vietcongs sucesores dos vietminhs promovidos polo goberno do norte para liberar ou desprender o sur do control das potencias capitalistas. En 1959, o Partido Comunista Vietnamita secretamente decidiu realizar unha guerra contra o Sur reportándolle esta grandes custos ao país.
A capital de Vietman do Norte foi Hanoi e estaba gobernada por un goberno comunista aliado coa Unión Soviética e a República Popular da China, que loitou contra os Estados Unidos e Vietnam do Sur durante a guerra de Vietnam. A República Popular da China apoiou ao goberno durante a guerra.
Coa liberación de Saigón por parte das forzas Norvietnamitas o 30 de abril de 1975, a autoridade política en Vietnam do Sur foi asumida pola República de Vietnam do Sur. Este goberno fusionouse con Vietnam do Norte o 2 de xullo de 1976 e formaron unha soa nación denominada a República Socialista de Vietnam.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.