From Wikipedia, the free encyclopedia
René Primevère Lesson, nado o 20 de marzo de 1794 e Rochefort, Charente Marítimo, Poitou-Charentes (Francia) e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1849, foi un cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1794 Rochefort, Francia |
Morte | 28 de abril de 1849 (55 anos) Rochefort, Francia |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Educación | École de médecine navale de Rochefort |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía e medicina |
Ocupación | médico, farmacéutico, botánico, cirurxián, ornitólogo, explorador, zoólogo, naturalista |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | R.Lesson |
Abreviatura do autor en zooloxía | Lesson |
Familia | |
Cónxuxe | Marie Clémence Lesson |
Fillos | Anais Lesson |
Irmáns | Pierre Adolphe Lesson |
Parentes | Zoë ° Dumont, cuñada |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) New International Encyclopedia (pt) |
Fixo os seus primeiros estudosa en Rochefort e, aos dezaseis anos, entrou na Escola Médica Naval. Serviu na armada francesa durante as Guerras napoleónicas, e en 1811 era o terceiro cirurxián na fragata Saal e, en 1813, segundo cirurxián na Regulus.
Participou na viaxe de circunnavegación da La Coquille (1822-1825), onde era o cirurxián do buque, e foi o responsábel, xunto ao seu compañeiro e tamén cirurxián Prospere Garnot, de coleccionar os espécimes de Historia Natural nesta viaxe. Foi o primeiro naturalista que viu vivas as aves do paraíso nas Molucas e en Nova Guinea.
Ao regresar a París pasou sete anos preparando a sección zoolóxica de vertebrados da expedición realizada, Voyage au tour du monde sur La Coquille (1826-39). Durante este tempo escribiu tamén os traballos Manuel d'Ornithologie (1828), Traité d'Ornithologie (1831), Centurie Zoologique (1830-32) e Illustrations de Zoologie (1832-35). Tamén redactou varias monografías sobre os colibrís e un libro sobre as aves do paraíso.
Publicou, en dos volumes, a obra Manuel d'Histoire Naturelle Médicale et de Pharmacologie (1833), sobre as súas experiencias como cirurxián a bordo, como un manual para os cirurxiáns navais.
En 1832 Lesson era o farmacéutico en xefe da armada francesa en Rochefort.
Describiu, entre outros, o xénero Vultur que comprende o Vultur gryphus o cóndor dos Andes, e, entre outras, a especie Balaenoptera borealis, o rorcual boreal.
A abreviatura Lesson emprégase para designar a René Primevère Lesson como autoridade na descrición e nomenclatura de especies en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.