Reino de Italia (Regnum Italiae)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Reino de Italia (Regnum Italiae)

O reino de Italia (Regnum Italiae, Regnum Italicum ou Reichsitalien) foi unha entidade política e xeográfica sucesora do reino dos longobardos que, circunscrita ao norte da Península Itálica, pasou de formar parte do Imperio carolinxio e, despois, ao Sacro Imperio Romano Xermánico,[1][2] desde a coroación imperial de Odón I en Roma no ano 962.[3]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Reino de Italia
Regnum Italicum (la)
Thumb

Localización
Thumb
CapitalPavia
Poboación
Lingua usadaLinguas galoitálicas
Datos históricos
Precedido por
Creación5 de xuño de 774
Disolución25 de decembro de 961
Sucedido porReino de Italia

Pechar
Thumb
O Reino de Italia e as súas marcas no Imperio carolinxio.

A vinculación do reino de Italia ao sistema imperial supuxo que o que quedaba do sistema administrativo da época carolinxia fora minado tanto pola ausencia do soberano, que confiaba nos poderes feudais locais, como polo desenvolvemento comunal, e polas querelas entre o emperador co papa, que polarizaron a vida italiana entre güelfos e xibelinos.

O Grande Interregno liquidou o poder efectivo do emperador, non só en Italia senón na mesma Alemaña, pero aínda retivo a autoridade xurisdicional para lexitimar os gobernos locais. Debido ás querelas internas, o sistema comunal das cidades transformouse en señorías ou en repúblicas, de entre as cales só os réximes fortes e poderosos, con capacidade para contratar forzas mercenarias, puideron someter a cidades veciñas creando Estados territoriais.

A intervención francesa a partir de 1494 alterou as relacións de poder na península e atraeu de novo a atención do emperador sobre os asuntos italianos. As paces de Boloña en 1530 converteron ao emperador en árbrito de Italia, pero a hexemonía en Italia recaeu nos reis de España até que, na Guerra de Sucesión española, o emperador recobrou un papel de preponderancia.

Tras estabilizarse as relacións de poder entre as dinastías rivais de Habsburgo e Borbón, a Revolución francesa e a súa extensión a Italia supuxo a liquidación da autoridade imperial en Italia e, poucos anos despois, na propia Alemaña.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.