A Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico é un proxecto da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nacido en 2001 co obxectivo de crear catro grandes centros de referencia nas catro provincias galegas para pór en valor e dotar de recursos científicos, didácticos e turísticos os diferentes espazos arqueolóxicos espallados por todo o territorio.[1]
Parques
Dentro deste proxecto, están a crearse os seguintes centros, un en cada unha das provincias:
- En Pontevedra, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, localizado en Campo Lameiro e dirixido á conservación e divulgación da arte rupestre. Este centro inaugurouse o 6 de xullo de 2011.[2].
- En Ourense, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, situado no Castro de San Cibrao de Las, entre San Amaro e Punxín; é un centro dirixido ó mundo castrexo. Inaugurouse o 8 de marzo de 2014.[3].
- Na Coruña, o Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, centro de interpretación do megalitismo. En outubro de 2023 a Deputación da Coruña reservou 200.000 euros para a posta en marcha do proxecto.[4].
- En Lugo o proxecto inclúe un centro sobre o mundo galaico-romano.
En tódolos casos preténdese construír un centro de interpretación dotado coa infraestrutura necesaria para focaliza-la investigación relacionada con cada momento histórico, pero sen esquece-los aspectos didácticos e turísticos destas instalacións.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.
- Web do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Arquivado 16 de xullo de 2024 en Wayback Machine..
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.