Ramón Rey Baltar

médico, escritor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Ramón Rey Baltar

Ramón Rey Baltar, nado en Padrón o 5 de abril de 1882 e finado en Gerli (Arxentina) o 3 de xullo de 1969, foi un médico, escritor e xornalista galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ramón Rey Baltar
Thumb
Biografía
Nacemento5 de abril de 1882
Padrón, España
Morte3 de xullo de 1969 (87 anos)
Gerli, Arxentina (pt)
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor, xornalista, poeta
Xénero artísticoPoesía
Obra
Obras destacables
Familia
PaiManuel Rey Gosende
IrmánsAndrés Rey Baltar
Cesáreo Rey Baltar

Galiciana: 356269
Pechar

Traxectoria

Fillo de Manuel Rey Gosende. Logo de estudar na escola de José María Vidal Cepeda fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en 1910 por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Buenos Aires.

Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Alfonso Daniel Rodríguez Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega de Bos Aires. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.

O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comezo da Guerra civil española.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.