Rúa do Orzán
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rúa do Orzán é unha rúa da Coruña que atravesa a zona homónima do barrio da Pescaría.[1]
Rúa do Orzán | |
---|---|
Tipoloxía | rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,71 km |
Localización | |
Inicio | Praza do pintor Sotomayor |
Fin | Praza de Pontevedra |
Tamén reciben o nome Orzán as rúas Travesía do Orzán e Pasadizo do Orzán.
A rúa xa aparece con ese nome nun plano de 1819.[2] A partir do século XIX situáronse varias fábricas na zona.[3]
Ao final da rúa existía unha explanada na que había un lavadoiro,[2] e que en 1929 se bautizou como rúa do Comandante Fontanes.[4]
Dende 2008 celébrase un mercado para rehabilitar a zona[5] e en 2010 pechouse ao tráfico unha parte da vía.[6]
No número 16 unha placa lembra o lugar de nacemento de Salvador de Madariaga.[7]
No número 57 sitúase o Círculo de Artesáns, que ten entrada principal pola rúa de Santo André.[8]
Na rúa do Orzán consérvanse algúns edificios destacados:[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.