composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O quitosano é un polisacárido catiónico producido mediante a desacetilación da quitina, un polisacárido que se atopa no exoesqueleto dos crustáceos e de algúns outros invertebrados e fungos, mediante un proceso de alcalinización a altas temperaturas.[1]
Quitosana | |
---|---|
Outros nomes Poliglusam; Deacetilquitina; Poli-(D)glicosamina; BC; Chitopearl; Chitopharm; Flonac; Kytex | |
Identificadores | |
Número CAS | 9012-76-4 |
ChemSpider | 64870 |
UNII | 23R93M6Y64 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Compostos relacionados | |
Compostos relacionados | D-glicosamina e N-acetilglicosamina (monómeros) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O quitosano, tamén é chamado quitosana, e en inglés e castelán é comercializado como chitosan e chitosán.[2] O termo provén do grego χιτών, chiton, que significa 'túnica' ou 'envoltura', referíndose á súa estrutura envolvente dos organismos dos que se extrae.[3]
Tamén é coñecido cientificamente como poliglusam, de poli-(1,4)-β-D-glucosamina,[4] sendo un polímero de glicosamina.
O quitosano é apreciado nas industrias farmacéutica, médica e ambiental debido ás súas propiedades biodegradables, biocompatibles e antimicrobianas, que o fan adecuado para múltiples aplicacións, dende tratamentos médicos até a purificación de auga.[5]
É utilizado na cicatrización de feridas, na eliminación de proteínas alérxicas dos alimentos, na liberación controlada de fármacos (nanopartículas) e como complemento alimenticio con efecto hipocolesterolémico.
A súa acción contra a obesidade aínda se discute na literatura e pode actuar de dúas formas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.