From Wikipedia, the free encyclopedia
Quinto Aurelio Símaco Eusebio (en latín, Quintus Aurelius Symmachus); nado contra o 340 e finado no 402,[1] foi un cónsul, orador, escritor e home de letras romano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Quintus Aurelius Symmachus 345 Roma, Italia |
Morte | 402 (Gregoriano) (56/57 anos) |
Senador romano | |
Pretor | |
Cuestor | |
Gobernador romano | |
Prefeito urbano (pt) | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, Retórica e política |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | escritor, orador, militar, político, estadista |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano, Antigüidade tardía e Imperio Bizantino |
Familia | |
Familia | Aurelii Symmachi (en) |
Cónxuxe | Rusticiana |
Fillos | Galla, Quinto Fabio Memio Símaco |
Pai | Lúcio Aurélio Aviânio Símaco Fosfório |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Ocupou os cargos de gobernador da África proconsular en 373 e prefecto urbano de Roma en 383 e 384,[1] e cónsul en 391. Símaco intentou preservar a relixión tradicional de Roma nun momento no que a aristocracia estaba a se converter ao cristianismo e liderou unha fracasada protesta contra Graciano, cando ordenou retirar o Altar da Vitoria da curia, o principal lugar de reunión do Senado romano no Forum Romanum. Dous anos despois fixo un famoso chamamento ao sucesor de Graciano, Valentiniano II, nun envío que foi refutado por Ambrosio, o bispo de Milán. A carreira de Símaco torceuse, temporalmente, cando apoiou ao usurpador Magnus Maximus, pero foi rehabilitado e tres anos despois nomeado cónsul. Despois da morte de Teodosio I, converteuse nun aliado de Estilicón, o gardián do emperador Honorio. En colaboración con Estilicón, conseguiu restaurar algúns dos poderes lexislativos do Senado.
Gran parte da súa obra escrita sobreviviu: nove libros de cartas; unha colección de Relationes ou despachos oficiais; e fragmentos de varias oracións.
Símaco era o fillo dun destacado aristócrata, Lucio Aurelio Avianio Símaco, quen era membro da gens patricia Aurelia, e da filla de Fabio Titiano, que fora prefecto urbano dúas veces de Roma.[2] Símaco, foi educado na Galia,[3] ao parecer en Bordeos ou Tolosa. Nos seus inicios dedicouse á literatura. No 369 coñeceu a Décimo Magno Ausonio; a súa amizade resultou mutuamente beneficiosa.[4]
Despois de desempeñar as funcións de cuestor e pretor, foi nomeado corrector (gobernador) de Lucania e de Brutium no 365[4] e, no 373, foi procónsul de África[5] e converteuse, probablemente ao mesmo tempo, en membro do colexio pontificio. Sendo un representante político do cursus honorum, Símaco procurou preservar a antiga relixión de Roma nun momento no que a aristocracia senatorial estaba a se converter ao cristianismo.
No 382, o emperador Graciano, cristián, ordenou que o Altar da Vitoria fose retirado da Curia, a casa do Senado romano no Foro, e restrinxiu as cantidades permitidas anualmente para o mantemento das virxes vestales e para a celebración pública dos ritos sagrados. Símaco foi elixido polo Senado, por mor da súa elocuencia, para dirixir unha delegación de protesta, que o emperador rexeitou recibir. Dous anos despois, Graciano foi asasinado en Lugdunum e Símaco, agora prefecto urbano de Roma, dirixiu unha elaborada epístola Valentiniano II, o sucesor de Graciano, nunha famoso epístola que foi refutada por Ambrosio, o bispo de Milán. Nunha época na que todas as comunidades relixiosas acreditaban o poder divino coa participación directa en asuntos humanos, Símaco sostén que a eliminación do altar causara fame e a súa restauración sería beneficiosa doutros xeitos. Sutilmente aboga pola tolerancia das prácticas e crenzas tradicionais de culto que o cristianismo estaba preparado para suprimir nos edictos teodosianos do 391.
Era natural que Símaco simpatizase con Magno Máximo quen derrotara a Graciano. Cando Máximo ameazaba con invadir Italia no 387, a súa causa foi abertamente defendida por Símaco, quen á chegada de Teodosio I foi acusado de traizón e obrigado a refuxiarse nun santuario. Perdoado grazas á intervención de numerosos e poderosos amigos, expresou a súa contrición e gratitude nun discurso disculpativo dirixido a Teodosio, por quen non só foi perdoado, senón que foi recibido a favor e elevado ao consulado no 391.
Durante o resto do na súa vida, parece que participou activamente nos asuntos públicos. Aínda que non está clara a data da súa morte, autores como Matthews refírense ao 402, pouco despois de dirixir unha embaixada na corte imperial de Rávena canda a primeira ocupación do norte de Italia por Alarico.[1] Tamén desa data é unha das súas cartas.[6]
A súa riqueza debeu ser moi cuantiosa porque ademais da súa mansión da cidade no outeiro Caeliano[7] e varias casas da cidade que prestou aos seus amigos, posuía máis dunha ducia de vivendas en Italia, moitas granxas independentes, xuntas con leiras en Sicilia e Mauritania. Símaco, e os seus asociados na vida real, Vettius Agorius Praetextatus e Virius Nicomachus Flavianus, son os personaxes principais da Saturnalia de Macrobio Ambrosio Teodosio, que foi escrita no século V pero ambientada no 384. Estes tres intelectuais aristocráticos lideraban outros nove, formados por compañeiros intelectuais nobres e non nobres, nunha discusión sobre temas eruditos, dominados pola erudición do poeta Virxilio.
As súas horas de lecer dedicábanse exclusivamente ás actividades literarias, como se desprende das numerosas alusións nas súas cartas aos estudos nos que estaba dedicado. A súa amizade con Ausonio e outros distinguidos autores da época demostra que estaba encantado de asociarse e de ter correspondencia cos eruditos.
Dos seus moitos escritos, sobreviviron os seguintes:
Segundo unha das súas cartas (datada no 401), Símaco tamén comezara a preparación dunha edición de Livio, Ab Urbe Condita.[8] Sete manuscritos da primeira década da extensa obra de Livio (libros 1-10) levan subscricións incluíndo o nome de Símaco xunto con Tascio Victoriano, Apio Nicómaco Destro e Nicómaco Flaviano; algúns dos cales foron identificados na obra de Tito Livio por Zetzel.[9]
Noutras cartas, Símaco describe os preparativos para os seus espectáculos na area. Conseguiu adquirir antílopes, gacelas, leopardos, leóns, osos, cachorros de oso e incluso algúns crocodilos. Símaco tamén comprou escravos saxóns para loitar e morrer nos xogos e amosouse moi moletos cando vinte e nove dos saxóns estranguláronse mutuamente nas celas a noite anterior á súa aparición final prevista.[10]
O estilo de Símaco foi moi admirado no seu tempo e nos comezos da Idade Media mais os eruditos actuais víronse frustrados pola falta de información sólida sobre os acontecementos da súa época que se atopan nestes escritos e, como consecuencia, os seus escritos teñen poucas traducións.
Símaco, casou con Rusticana, filla de Memio Vitrasio Orfito quen foi dúas veces prefecto urbano de Roma (353-355; 357-359). Os seus fillos emparentaron dobremente coa familia amiga de Nicómaco Flaviano. Así, Gala, a súa filla máis vella, quen casou co fillo deste que se chamaba igual, Nicómaco Flaviano; e seu fillo, Quinto Fabio Memio Símaco, aristócrata, quen casou cunha sobriña de Nicómaco Flaviano.[11]
Os nomes das dúas familias aparecen en ámbolos dous paneis dun díptico de marfil, os cales un se atopa no Museo da Idade Media de París e o outro no Victoria and Albert Museum de Londres.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.