From Wikipedia, the free encyclopedia
Punk'd é un programa da MTV que se emite dende 2003. O programa consiste en facer cámaras ocultas a famosos e coñecidos dos Estados Unidos na súa vida diaria e enfrontalos a situacións ridículas. Durante tódalas súas emisións presentouno Ashton Kutcher.
A característica que relaciona tódalas falcatruadas é que sempre rematan coa frase "punk'd".
No ano 2003 a MTV anunciou que Kutcher decidira deixar de conduci-lo programa. A partir de aí varios comentaristas comezaron a especular sobre quen debería conducilo. En varios lugares leváronse a cabo castings con algúns artistas. Pero o 25 de abril de 2004, no comezo da terceira tempada, revelouse a verdade: o público fora Punk'd polos produtores do programa.
Como o programa fai burla dos famosos, varios deles evitaron que a súa gravación saíse en antena, facéndose valer de medios xudiciais ou a través de contactos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.