From Wikipedia, the free encyclopedia
A pica sarda, ou mellor, prolago sardo, xa que non é unha auténtica pica, Prolagus sardus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos proláxidos orixinaria das illas de Sardeña, Córsega e outras illas mediterráneas veciñas até a súa extinción na época do Imperio romano,[2] ou talvez a finais do século XVIII ou principios do XIX.[3]
Prolagus sardus Pica sarda, prolago sardo | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Reconstrución do esqueleto e do animal vivo | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Extinto [1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Prolagus sardus † Wagner, 1832 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Os proláxidos son moi semellentes aos ocotónidos, dos u se distinguen, entre outras cousas, por non posúír o último dente molar inferior, ao contrario que os membros do xénero Ochotona, que teñen o último molar inferior, pero non o superior.[4]
A familia foi descrita en 1964 polo zoólogo ruso A. A. Gureev,[5][6] en Fauna SSSR. Mlekopitayushchie, Zaitseobraznye [Fauna da URSS. Mamíferos, Lagomorfos]), III (10): 49.[5]
O xénero Prolagus fora descrito en 1853 polo naturalista, xeólogo e paleontólogo francés Auguste Nicolas Pomel,[6][7] en Cat. Meth. Desc. Vert. Foss. dans le Bassin Hydro. Super. de la Loire et Surt. la Val. Aff. Prin. l'Allier. Paris: 43.[7]
En canto á especie Prolagus sardus describíraa en 1832 o zoólogo, paleontólogo e arqueólogo alemán Johann Andreas Wagner,[6][8] en Abh. Bayer. Akad. Wiss., 1: 763-767.[8]
O xénero, ademais de polo seu nome actual, foi coñecido tamén polos sinónimos:[7]
O nome do xénero, Prolagus está formado pola unión dos elementos pro- e -lagus. O primeiro é un prefixo do latín científico tirado da raíz do nome do grego antigo πρώτο prṓto, 'primeiro'; e o segundo deriva do nome do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'. Literalmente: 'as primeiras lebres'.
O nome científico da faimilia esta construído, como manda a norma, coa raíz do seu xénero tipo (e único) ´Prolag-, coa adición do sufixo -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
O epíteto específico, sardus, fai referencia á illa de Sardeña, unha das súas áreas de distribución no pasado.
Na maioría dos idiomas europeos a especie comécese como pica sarda ou pica de Sardeña, coas adpatacións propias de cada lingua, para o que hai que ter en conta que, até finais do século XX, estaba condiderada como membro da familia dos ocotónidos. Pero na actualidade, nalgunhas linguas (por exemplo, no italiano), denomínase co cultismo prolago sardo.
Os paleontólogos actuais recoñecen no xénero dezaoito especies,[9] das que só unha, Prolagus sardus, sobreviviu até tempos históricos.[10]
Gureev considerou aos proláxidos como unha subfamilia dos ocotónidos (Prolagiini), pero o grupo foi elevado na década de 1990 á categoría de familia por Margarita A. Ervajeva, do Instituto Xeolóxico, Rama Siberiana, da Academia Rusa das Ciencias.[5][13]
O xénero Prolagus apareceu por primeira vez no mioceno temperán en Europa, onde sobreviviu até tempos históricos. En África e Asia, o xénero coñécese no mioceno ao plioceno.[4]
Foi descrita por algúns autores sardos como un "coello xigante sen cola", e pénsase que os antigos poboadores de Sardeña consideraban como unha exquisitez culinaria. A pica sarda, canda a pica corsa (Prolagus corsicanus) foron as dúas únicas especies pertencentes ao xénero Prolagus que sobreviviron en Europa en época histórica. (Cómpre sinalar, porén, que os zoólogos actuais cren que Prolagus sardus e Prolagus corsicanus constituían en realidade unha mesma especie.
Houbo algunhas noticias sobre ocasionais avistamentos de picas salvaxes na illa de Sardeña. Porén, ningún destes avistamentos foi verificado. A última mención histórica da especie foi realizada por Francesco Cetti en 1774, quen falou sobre unhas "ratas xigantes" moi abundantes na illa de Tavolara, pero aparentemente ausentes da veciña illa de Sardeña.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.