libro de poesía de Valentín Paz-Andrade From Wikipedia, the free encyclopedia
Pranto matricial é un poemario de Valentín Paz-Andrade, escrito en 1954 e publicado en 1955 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.
Pranto matricial | |
---|---|
Autor/a | Valentín Paz-Andrade |
Ilustrador/a | Colmeiro, Carlos Maside Arturo Souto e Manuel Torres |
Cuberta | Luís Seoane |
Lingua | galego e castelán |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Ediciones Galicia (Imprenta López) |
Data de pub. | 1955 |
Formato | Rústico; tapa branda con lapelas. 23,1 x 15,1 cm |
Páxinas | 40 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra ten seis poemas: "O que todo galego choraría", "Door da paisaxe", "A terra e os sinos", "Alá lonxe...", "Teu destino" e "Cando ti volvas..." e está adicada a Castelao, ao que Paz-Andrade chama Daniel, que morrera cinco anos antes en Buenos Aires.
Con versión castelán de María de Villarino, a cuberta está ilustrada por Luís Seoane,[1] e no interior contén catro debuxos de Colmeiro, Maside, Souto e Manuel Torres.[2]
O que todo galego choraría CHORA, TERRA, teu pranto das augas e dos eidos e dos ares, as vivas páreas cósmicas da raza, en mantelo de brétemas envoltas que noso fin ao noso orixe ligan. [...] |
Foi reeditado (2ª) en Vigo en 1968 e por Ediciós do Castro (3ª), Sada, en 1975[4], en edición pentalíngüe, co gallo do 25º cabodano de Castelao, cun limiar de Rafael Dieste e a tradución do poemario ao portugués (tradución de Guillerme de Almeida), éuscaro (tradución de Gabriel Aresti), catalán (tradución de Francesc Vallverdú) e castelán (de María de Villarino), ocupando 100 páxinas. ISBN 84-85134-04-4. Desta volta a portada vai a cargo de Xosé Díaz, e no interior contén un gravado dun retrato de Castelao por Carlos Maside, parecido ao debuxo da primeira edición, e catro ilustracións de Arturo Souto, unha delas xa incluída na primeira edición.
En 1986 editouse en éuscaro, traducido por Gabriel Aresti, co título Uma-oncitic negarra, pola editorial Susa de Donostia.
En 1992, formou parte de Pranto Matricial e outros poemas, volume de 92 páxinas da Biblioteca 114 da Editorial Compostela (El Correo Gallego). ISBN 978-84-8064-000-8.
En 2002, foi publicado conxuntamente con Fardel de Eisilado, de Luís Seoane, nun libro de 96 páxinas, editado por La Voz de Galicia na Biblioteca Galega 120. ISBN 978-84-9757-037-4.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.