Xénero de peixes From Wikipedia, the free encyclopedia
Pollachius é un xénero de peixes osteíctios actinopterixios da orde dos gadiformes e familia dos gádidos.[1]
Pollachius | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pollachius virens | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
O xénero comprende tan só dúas especies:
ambas moi semellantes e de distribución noratlántica, e obxecto de activa pesca, xa que son moi apreciadas gastronomicamente
O nome latino do xénero, Pollachius, deriva do inglés pollack ou pollock, termo derivado do escocés antigo, de orixe escura, que é o nome da especie Pollachius pollachius e, por extensión, de P. virens.[5]
De corpo alongado de até os 130–150 cm de lonxitude e os 10–14 kg de peso, aínda que ordinariamente vense nas lonxas espécimes de entre os 40–80 cm, ou até 1 m, e de 2 a 5 kg, co maxilar inferior que se proxecta cara a diante sobre o superior, ollos grandes, sen barbas no mento, liña lateral arqueada sobre as aletas pectorais, e aleta caudal en forma de media lúa.[6]
A coloración e parda verdosa escura polo lombo e prateada polos costados e no ventre; ambas as especies diferéncianse en que P. virens ten o dorso máis escuro, de cor que oscila entrre a negra e a verde escura, que P. pollachius, o noso coñecido abadexo, do que se distingue tamén por unha fina liña abrancazadas que percorre os flancos.
Viven sobre fondos rochosos, a profundidade variábel, en augas costeiras (os exemplares novos, máis preto do litoral), en grupos (os adultos só se reúnen en cardumes só na época da reprodución, de xaneiro a marzo), alimentándose basicamente de pequenos peixes (crías de muxo, xoubas, pións etc.), e tamén de crustáceos e moluscos.[6][7]
Ambas as especies viven no Atlántico norte, P. pollachius desde as costas de Noruega até as do sur de Portugal,[8] mentres que P. virens é máis norteña, estendéndose desde o norte de Francia (Normandía), Holanda e Alemaña até Islandia, polo suroeste de Groenlandia, así como polas costas do leste do Canadá.[9]
Dadas as áreas de distribución de ambas as especies, é lóxico que Pollachius pollachius estea citada en niumerosas zonas do litoral galego, desde Cornide, en 1788 (no que a cita co nome linneano de Gadus pollachius), até Rodríguez Solórzano e outros, que a sitúan sobre fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde a foz do Miño até Ribadeo.[6][10]
Obviamente, P. virens, cuxa área de distribución chega polo sur até o norte de Francia, non aparece citada na bibliografía, e só se pode ver algunha vez nas lonxas galegas onde se desembarcan capturas da pesca de altura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.