Remove ads

A dos poliplacóforos (Polyplacophora) é unha clase de moluscos de simetría bilateral caracterizados por teren o corpo aplanado dorsoventralmente, de forma oval e duns 3 cm de lonxitude (aínda que se observou un de 30 cm no noroeste do Pacífico), cun ancho reptador estendido por toda a cara ventral. A cara dorsal está cuberta por unha cuncha composta de oito placas calcarias móbiles. A cabeza, que non se distingue do resto do corpo, e o tronco están cubertos polo manto, que segrega as placas.[4][5]

Máis información Poliplacóforos Rango fósil: Devoniano-actualidade, Clasificación científica ...
Poliplacóforos
Rango fósil: Devoniano-actualidade

Tres poliplacóforos achados
na praia de Cesantes (Redondela)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Protostomia
Filo: Mollusca
Clase: Polyplacophora
J. E. Gray, 1821 [1]
Ordes, Subordes, e Familias
  • Véxase o texto
Sinonimia
Pechar

Estas placas están imbricadas tanto na fronte como nos bordos do lombo, e polo tanto, artéllanse ben unhas coas outras. Deste xeito as placas proporcionan unha boa protección para impactos dende enriba e ao mesmo tempo permiten flexionar o manto cara a arriba cando é mester para a locomoción sobre superficies irregulares, e tamén poden enrolarse nunha bóla.

Coñécense popularmente polo nome de quitóns,[6] xeneralizando o nome dun dos xéneros máis coñecidos, Chiton.[5]

Na actualidade coñécense entre 900 e 1000 especies vivas pertencentes a este grupo.

Hai bos rexitros fósiles que datan de hai 400 millóns de anos, no Devoniano.[7] Porén, antes disto, algúns organismos foron interpretados como un grupo-nai dos poliplacóforos, polo que o seu rexistro estenderíase até o ordovícico.[8]

Remove ads

Características xerais

Thumb
Elementos da cuncha articulada dun quitón.
Thumb
Cara ventral do quitón Cryptochiton stelleri, mostrando o pé no centro, rodeado das branquias e do manto (coa boca visíbel á esquerda da imaxe).

As características máis destacadas deste grupos son:[9]

Remove ads

Bioloxía

Hábitat, distribución e modo de vida

Todos os quitóns son mariños, sobre todo litorais, incluída a zona intermareal. Existen en todos os mares e a todas profundidades.

Viven sobre as rochas, ás que se fixan solidamente mediante a sola pedia, moi desenvolvida. A súa ecoloxía é semelante á das lapas; na súa maioría son herbívoros, alimentándose de algas.[5][10]

Porén, tamén se coñecen especies de augas profundas, sobre todo nas latitudes máis frías.

Son animais pouco conspicuos, crípticos polas súas cores e a súa actitude, que é a de permaneceren moito tempo inmóbiles, encaixados nun recuncho propio da rocha, ao que volven regularmente e ao que terminan incluso axustando a súa anatomía. Son gregarios e de hábitos nocturnos, cunha taxa fotonegativa marcada, así que buscan o lado inferior das rochas.

Nutrición

A boca conduce a unha cavidade na que desembocan as glándulas salivares. O fondo da cavidade prolóngase cara a atrás e por riba do esófago e ten un longo saco cego segregado pola rádula, que está formada por numerosas liñas compostas por dezasete "dentes". O esófago presenta dúas glándulas do azucre, do tipo das salivares, que segregan unha subatancia verdosa que desdobra o amidón en glicosa. O estómago é unha bolsa arredondada onde desemboca a glándula dixestiva. A continuación encóntrase o intestino, moi longo e tapizado por un epitelio ciliado; o seu gran desenvolvemento está ligado ao réxime herbívoro destes animais. Finalmente, a continuación encóntrase o recto, que desemboca no ano, situado no plano medio, entre o e o manto.[11]

Circulación do sangue

O corazón está composto por un ventrículo e dúas aurículas. O sangue oxixenado é transportado desde as branquias por varios troncos que desembocan na aurícula, que comunica co ventrículo a través de catro orificios. Do ventrículo sae a aorta, que na parte anterior do animal termina nun seo cefálicodo que sae o sangue cara a outros seos.[12]

Respiración

O aparato respiratorio está formado por de 14 a 75 pares de branquias (segundo as especies) que están situadas na cavidade paleal, a ambos os lados do pé. Son mnoi parecidas a ás dos gasterópodos acuáticos. Están dispostas sobre un eixe no que se insiren, a pares, laminiñas de peredes moi finas polas que entran, por un lado, un vaso sanguíneo aferente e, polo outro, sae o vaso eferente. As laminiñas posúen cilios na súa parte media e nunha parte do seu bordo externo; os movementos dos cilios provocan correntes dirixidas de diante a atrás que renovan a auga da cavidade paleal e arrastran a urina e as feces sólidas cara ao exterior.[13]

Excreción

O aparato excretor está represnetado polos nefridios, que están compostpos por un longo tubo provisto de numerosos cegos glandulares.[14]

Sistema nervioso e órganos dos sentidos

O sistema nervioso é parecido ao dos aplacóforos. Está formado por ganglios cerebroides de gran tamaño e forma de ferradura, dos que parten catro cordóns, dous pedios e dous pleuroviscerais, con mútiplas comisuras. Ademais presentan ganglios bucais e dous ganglios subdurais. Os principais órganos sensoriais son:

  • as estetas, situadas en posición intrategumentaria, que acaban nuns inchamentos en forma de maza (macrostetas) que levan á súa vez microstetas; as megastetas están innervadas por un fino eixe dun nervio, cuxas terminaciós acaban en células sensoriais fusiformes; as microstetas non parecen posuír máis que unha célula sensorial. A función de ambas as estetas é descoñecida,
  • os ollos das placas, que son magalostetas cunha córnea, un cristalino e unha cúpula ocular rodeada de pigmento; pódense distinguir dous tipos diferentes, segundo que o pigmento sexa interno ou externo, e
  • os osfradios, órganos sensoriais olfactivos conectados co órgano da respiración, e que se encargan de percibiren os olores. Son estreitas áreas de células sensoriais altas, saíntes, ciliadas, que están situadas entre o ano e as dúas ou tres últimas branquias.[15]

Reprodución e desenvolvemento

Thumb
Desdenvolvemento dun poliplacóforo.
De esquerda a dereita: estadio de larva trocófora, larva en metamorfose, poliplacóforp xuvenil.

Os pooliplacóforos son dioicos, aínda que os órganos xenitais sobn moi parecidos entre si. A gónada é unha longa masa impar da que poarten lateralmente dous gonodutos simétricos que se abren ao extrerior entre dúas branquias. Nas femias estes tubos presentan un ensanchamento cuxa parede é glandular. Os óvulos están rodeados por células foliculares.
Os ovos poiden desenvolverse dentro do canal branquial. A segmentación é total, e a gastrulación realízase por invaxinación. A gástrula dá lugas a unha larva trocófora, provista dun pincel apical de cilios moi longos. A coroa ciliada preoral ou protótroca está formada por dúas fleiras de grandes células que foman unha especie de cornixa. Moi precozmente, e en posición dorsal, a trocófora presemnta unha división, mentres que ventralmente ínchase debido a unha estreita bolsa que anuncia o pé. Máis tarde, a rexión dorsal presenta o esbozo das oito placas calcarias. O pé muscuilízase e forma a sola sobre a que reptará o animal. Neste estadio, a larva abandona a vida peláxica, desprazándose ao fondo.[12]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A clase foi descrita en 1821 polo naturalista inglés John Edward Gray, no seu traballo "A natural arrangement of Mollusca, according to their internal structure". London Medical Repository 15: 229–239.[1]

Porén, algúns autores atribúenlle a desdecrición ao naturalista e zoólogo francés Henri Marie Ducrotay de Blainville, en 1816, na súa obra Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal.[16]

Etimoloxía

O termo Polyplachophora está construído polos elementos do latín científico poly-, calco do grego antigo πολυ- poly-, de πολύς polýs, 'moito'; placho-, tirado do grego antigo πλάξ pláx, 'lámina', 'placa', e -phora, forma plural de -phoro, derivada do grego antigo φορός phorós, 'o que leva'. Literalmente: 'os que teñen moitas placas'.[4][17]

Clasificación

A clasificación dos poliplacóforos esta suxeita a discusión. As que actualmente son máis aceptadas son a do ITIS e a do WoRMS:

§ Segundo o ITIS:[16]

Thumb
Acanthochitona fascicularis
Acanthochitonidae.
Thumb
Chaetopleura papilio
Chaetopleuridae.
Thumb
Chiton glaucus
Chitonidae.
  • Clase Polyplacophora
    • Subclase Neoloricata Bergenhayn, 1955
      • Orde Chitonida Thiele, 1909
        • Suborde Acanthochitonina Bergenhayn, 1930
          • Familia Acanthochitonidae Pilsbry, 1893
          • Familia Cryptoplacidae H. Adams & A. Adams, 1858
        • Suborde Choriplacina Starobogatov & Sirenko, 1975
          • Familia Choriplacidae Ashby, 1928
        • Suborde Ischnochitonina Bergenhayn, 1930
          • Familia Chitonidae Rafinesque, 1815
          • Familia Ischnochitonidae Dall, 1889
          • Familia Mopaliidae Dall, 1889
          • Familia Schizochitonidae Dall, 1889
      • Orde Lepidopleurida Thiele, 1910
        • Suborde Lepidopleurina Thiele, 1910
          • Familia Hanleyidae Bergenhayn, 1955
          • Familia Leptochitonidae Dall, 1889

§ Segundo o WoRMS:[1]

  • Clase Polyplacophora
    • Subclase Neoloricata Bergenhayn, 1955
      • Orde Chitonida Thiele, 1909
        • Suborde Acanthochitonina Bergenhayn, 1930
          • Superfamilia Cryptoplacoidea H. Adams & A. Adams, 1858
            • Familia Acanthochitonidae Pilsbry, 1893
            • Familia Cryptoplacidae H. Adams & A. Adams, 1858
            • Familia Hemiarthridae Sirenko, 1997
            • Familia Makarenkoplacidae Sirenko & Dell'Angelo, 2015
          • Superfamilia Mopalioidea Dall, 1889
            • Familia Choriplacidae Ashby, 1928
            • Familia Lepidochitonidae Iredale, 1914
            • Familia Mopaliidae Dall, 1889
            • Familia Schizoplacidae Bergenhayn, 1955
        • Suborde Chitonina Thiele, 1909
          • Superfamilia Chitonoidea Rafinesque, 1815
            • Familia Callistoplacidae Pilsbry, 1893
            • Familia Callochitonidae Plate, 1901
            • Familia Chaetopleuridae Plate, 1899
            • Familia Chitonidae Rafinesque, 1815
            • Familia Ischnochitonidae Dall, 1889
            • Familia Loricidae Iredale & Hull, 1923
          • Superfamilia Schizochitonoidea Dall, 1889
            • Familia Schizochitonidae Dall, 1889
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads