O Club Joventut Badalona S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Badalona, Cataluña. Fundado en 1930, é coñecido popularmente como La Penya. Actualmente compite na Liga ACB, sendo, xunto co Real Madrid, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan unha Euroliga, dúas Copa Korać, oito Copas do Rei e catro Ligas, dúas delas logradas desde a fundación da actual ACB.

Datos rápidos Información xeral, Liga ...
Joventut Badalona
Thumb
Información xeral
Liga ACB
Fundación 30 de marzo de 1930
Historia Penya Spirit (1930−1932)
Centre Esportiu (1932−1939)
Juventud Badalona (1939−1978)
Cores           Verde, negro
Presidente España Juanan Morales
Adestrador España Carles Durán
Localización
Cidade España Badalona, España
Pavillón Palau Olímpic
Capacidade 12 760
Inauguración 17 de setembro de 1991
Campionatos
Euroliga 1 (1994)
Eurocup 1 (2008)
Copa Korać 2 (1981, 1990)
EuroChallenge 1 (2006)
Liga 4 (1967, 1978, 1991, 1992)
Copa 8 (1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008)
Príncipe 3 (1987, 1989, 1991)
penya.com
Pechar

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta verdinegra e un pantalón negro, dáse a circunstancia que as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX. A pista de xogo e, ademais, sede oficial do club é o Pavelló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 12 500 espectadores.

Historia

Badalona ten equipo de baloncesto dende o 30 de marzo de 1930, cando o Joventut foi fundado como "Penya Spirit of Badalona", na honra do Spirit of Saint Louis, primeiro avión en cruzar o Atlántico . Ademais de baloncesto, o club formábano inicialmente equipos que participan en varios deportes, como ciclismo, tenis de mesa e fútbol. En 1932, o club cambiou o seu nome polo de "Centre Esportiu Badaloní". Finalmente, en 1939, converteuse no Club Joventut de Badalona. En 1940, o baloncesto foi establecido como deporte principal do club e o verde e o negro foron adoptados como as cores do equipo.

Entre os anos 1950 e 1970 o club tivo unha gran rivalidade co Real Madrid e cos equipos veciños, xogando encontros memorables. Durante os anos 1980, 1990 e 2000, o Joventut tivo os seus mellores ano da súa historia. Hoxe en día, o nome do club por motivos de patrocinio é FIATC Joventut, debido á compañía de seguros española FIATC Mutua Seguros. Na actualidade, o club de baloncesto de Badalona está a volver a gañar títulos despois dunha época en baleiro.

O Joventut de Badalona é un dos tres únicos tres, xunto co CB Estudiantes e Real Madrid que xogou tódolos anos na máxima categoría da liga española. Ademais, o Joventut está considerado un dos equipos con mellor canteira de Europa, a "Escola de Bàsquet", fundada en 1973 e considerada a máis prestixiosa xunto de Europa á do Partizan. É quizais tamén o club de baloncesto máis importante de España, xa que o FC Barcelona e Real Madrid son os equipos que dependen en gran medida das súas seccións de fútbol, a diferenza dos de Badalona. Xogadores como os irmáns Jofresa, Jordi Villacampa, Rudy Fernández ou Ricky Rubio proveñen das categoría inferiores do Joventut.

O Joventut de Badalona tamén foi o primeiro equipo catalán que conseguiu gañar un título da Euroliga. Isto sucedeu en 1994, tras gañar por tan só dous puntos (59-57) ao Olympiacos grego en Tel Aviv (Israel). En 2006, gañou o campionato da FIBA EuroChallenge, e en 2008 a Copa ULEB. O Joventut tamén gañou dous campionatos da Copa Korać, nos anos 1981 e 1990. Dende o ano 1992 xoga no Pavelló Olímpic de Badalona.

Patrocinios

Thumb
O Joventut en 2009.

O Club Joventut de Badalona recibiu diversos nomes comerciais ao longo da súa historia, en función do interese do patrocinador de cada momento. Estas son as denominacións que tivo o equipo verdinegro:

  • Juventud Kalso (1965–1968)
  • Juventud Nerva (1968–1971)
  • Juventud Schweppes (1971–1977)
  • Juventud Freixenet (1977–1978)
  • Joventut Freixenet (1978–1981)
  • Joventut Sony (1981–1982)
  • Joventut Fichet (1982–1983)
  • Joventut Massana (1983–1984)
  • Ron Negrita Joventut (1984–1987)
  • Ram Joventut (1987–1990)
  • Montigalà Joventut (1990–1992)
  • Marbella Joventut (1992–1993)
  • 7up Joventut (1993–1995)
  • Festina Joventut (1996–1998)
  • Pinturas Bruguer Badalona (1998–2000)
  • DKV Joventut (2001–2011)
  • FIATC Joventut (2011–2016)
  • Divina Seguros Joventut (2016–2019)

Pavillón

Thumb
Exterior do Palau Olímpic.
Artigo principal: Pavelló Olímpic de Badalona.

O Joventut xoga so seus encontros como local no "Pavilló Olímpic de Badalona" (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como "Palau Municipal d'Esports de Badalona" (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona). Foi construída como instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para albergar a competición de baloncesto. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto e ten capacidade para 12.500 espectadores.

Ademais do Pavelló Olímpic, o Joventut dispotou os seus encontros como local en múltiples recintos, non sendo até 1962 cando pasaron a xogar no "Pavelló de la Plana", un pavillón cuberto.[1]

Máis información Ano, Pavillón ...
Ano Pavillón
1930 Carrer Indústria
1932 Barriada d'Artigues
1933 Carrer Manresà (Les Mallorquines)
1934 Carrer Manresà
1935 Centre Parroquial de Canyet
1936 Carrer de la Costa
1937 Carrer d'Iris
1937 Finca Ca l'Arnús
Ano Pavillón
1939 Passatge Viñas
1943 Col·legi Minguella
1944 Carrer de Latrilla
1948 La Plana
1962 Pavelló Esportiu de La Plana
1972 Pavelló d'Ausiàs March
1992 Palau Olímpic
Pechar

Xogadores

Cadro actual

Máis información Joventut Badalona 2022−2023, Xogadores ...
Joventut Badalona 2022−2023
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPesoProcedencia
A 1 Países Baixos Kraag, Yannik 2,02 m (6 ft 8 in) 88 kg (194 lb) Categorías inferiores (2020)
E 2 España Busquets, Pep 1,97 m (6 ft 6 in) 90 kg (198 lb) Categorías inferiores (2019)
E 4 España Ribas, Pau 1,94 m (6 ft 4 in) 95 kg (209 lb) FC Barcelona (2019)
E 9 Guy, Kyle 1,88 m (6 ft 2 in) 76 kg (168 lb) Miami Heat (2022)
AP 11 Ellenson, Henry 2,08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Monbus Obradoiro (2022)
E 14 España Ventura, Albert 1,92 m (6 ft 4 in) 91 kg (201 lb) Categorías inferiores (2011)
B 16 España Vives, Guillem 1,92 m (6 ft 4 in) 86 kg (190 lb) Valencia Basket (2021)
B 22 Feliz, Andrés 1,88 m (6 ft 2 in) 88 kg (194 lb) Prat (2021)
AP 25 Francia Howard, William 2,03 m (6 ft 8 in) 104 kg (229 lb) LDLC ASVEL (2022)
P 35 Birgander, Simon 2,09 m (6 ft 10 in) 105 kg (231 lb) Clavijo (2017)
A 44 España Parra, Joel 2,02 m (6 ft 8 in) 95 kg (209 lb) Categorías inferiores (2017)
A 55 Hungría Maronka, Zsombor 2,08 m (6 ft 10 in) 108 kg (238 lb) Categorías inferiores (2020)
P 88 Croacia Tomić, Ante 2,17 m (7 ft 1 in) 118 kg (260 lb) FC Barcelona (2020)
Adestrador
España Carles Durán
Asistente(s)
España Dani Miret
España Pau del Tío

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 03−102022

Pechar

Dorsais retirados

Thumb
Dorsais retirados polo Joventut.

O Joventut retirou tres dorsais na honra dalgúns dos seus xogadores ao longo da súa historia. O 5 foi retirado por mor de Rafa Jofresa, un base que chegou a xogar vinte e un anos na máxima categoría do baloncesto español, con todo, este número tamén foi levado entre 2001–2008 por Rudy Fernández. O número 7 foi retirado na honra de Josep Maria Margall, un ala alcumado "Matraco" que xogou dezaoito temporadas cos verdinegros. Finalmente, o número 8, retirouse en homenaxe a Jordi Villacampa, un dos xogadores máis emblemáticos da historia do club.

Máis información N°, Xogador ...
Dorsais retirados polo Joventut
Xogador Posición Etapa
5 Rafa Jofresa Base 1983−1996
7 Josep Maria Margall Ala 1972−1990
8 Jordi Villacampa Ala 1980−1997
Pechar

Destacados

Galardóns individuais

Xogador máis valioso da ACB

Xogador revelación da ACB

Xogador máis valioso das finais da ACB

Mellor quinteto da ACB

Concurso de mates da ACB

Thumb
Rudy Fernández.

Xogador máis valioso da Copa do Rei

ULEB Eurocup Finals MVP

EuroChallenge Final Four MVP

Euroleague Rising Star


Adestradores

A seguinte relación detalla cronoloxicamente a todos os adestradores que tivo o Club Joventut de Badalona.[2] Se figura máis dun adestrador por temporada significa que o primeiro foi substituído polo seguinte.

Thumb
Aito García Reneses.
  • España Xavier Estruch (1939–1941)
  • España Luis Antoja (1941–1943)
  • España Gironés (1943–1944)
  • España Xavier Estruch (1944–1946)
  • España Vicenç Lleal (1946–1947)
  • España José Tomas (1947–1948)
  • España José Vila (1947–1950)
  • España José María Costa (1950–1951)
  • España José Grau (1951–1953)
  • España Joaquín Broto (1953–1955)
  • España J. Jiménez (1955–1956)
  • España Joaquín Broto (1956–1958)
  • España Rafael Murgadas (1958–1959)
  • España José Grau (1959–1961)
  • España Joan Canals (1961–1962)
  • España Antonio Molina (1962–1963)
  • España Albert Gasulla (1963–1964)
  • España Antonio Molina (1963–1964)
  • España Eduardo Kucharski (1965–1969)
  • España Josep Lluís Cortés (1969–1972)
  • Estados Unidos Clinton Morris (1972–1973)
  • España Josep Lluís Cortés (1973–1975)
  • España Eduardo Kucharski (1975–1976)
  • España Josep María Meléndez (1975–1977)
  • España Antoni Serra (1977–1979)
  • España Josep Lluís Cortés (1979–1980)
  • España Manel Comas (1980–1982)
  • España Joaquín Costa Prat (1981–1982)
  • Estados Unidos Jack Schrader (1982–1983)
  • España Aíto García Reneses (1983–1985)
  • España Miquel Nolis (1985–1986)
  • España Alfred Julbe (1986–1989)
  • Estados Unidos Herb Brown (1989–1990)
  • España Lolo Sainz (1990–1993)
  • Serbia Željko Obradović (1993–1994)
  • España Pedro Martínez (1994–1995)
  • España Miquel Nolis (1994–1995)
  • Serbia Zoran Slavnić (1995–1996)
  • España Alfred Julbe (1996–2000)
  • España Josep María Izquierdo (1999–2001)
  • España Manel Comas (2000–2003)
  • España Aíto García Reneses (2003–2008)
  • España Sito Alonso (2008–2010)
  • España Pepu Hernández (2010–2011)
  • España Salva Maldonado (2011–2016)
  • Galicia Diego Ocampo (2016–2018)
  • España Carles Duran (2018–presente)

Presidentes

A seguinte é unha lista dos presidentes do Joventut desde a fundación da Asociación de Clubs de Baloncesto en 1982.[3][4]

  • España Lluís Conesa (1982−1995)
  • España Jordi Parra (1995−1996)
  • España Genís Llamas (1996−1999)
  • España Jordi Villacampa (1999−2017)
  • España Juanan Morales (2017−presente)

Palmarés

Thumb
Pere Tomàs.

Nacional

Liga

  • Campión (4): 1966–67, 1977–78, 1990–91, 1991–92
  • Subcampión (10): 1958, 1959–60, 1961–62, 1968–69, 1970–71, 1972–73, 1984–85, 1986–87, 1989–90, 1992–93

Copa do Rei

  • Campión (8): 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008
  • Subcampión (13): 1966, 1968, 1970, 1971, 1972, 1974, 1985, 1986, 1987, 1990, 1993, 1998, 2004

Copa Príncipe

  • Campión (3): 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008

Supercopa

  • Campión (2): 1986, 1987
  • Subcampión (1): 1988

Lliga Catalana

  • Campión (11): 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1994, 1998, 2005, 2007, 2008
  • Subcampión (14): 1981, 1982, 1984, 1985, 1993, 1995, 1997, 1999, 2001, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013

Internacional

Euroliga

  • Campión (1): 1994
  • Subcampión (1): 1992

EuroCup

  • Campión (1): 2008

Copa Korać

  • Campión (2): 1981, 1990

EuroChallenge

  • Campión (1): 2006

Historial

Thumb
Ricky Rubio.
Thumb
Eduardo Hernández-Sonseca.
Máis información Ano, Nivel ...
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1930–56 Copa do Rei 3 veces campión (47−48, 52−53, 54−55), 3 veces subcampión (49–50, 51−52, 53–54)
1956–57 1 1ª Div. 2–8
1957–58 1 1ª Div. 14–1–3 Campións
1958–59 1 1ª Div. 17–5 Cuartos de final
1959–60 1 1ª Div. 16–1–5 Semifinais
1960–61 1 1ª Div. 14–8 Cuartos de final
1961–62 1 1ª Div. 13–5 Cuartos de final
1962–63 1 1ª Div. 9–7
1963–64 1 1ª Div. 13–9
1964–65 1 1ª Div. 8–6 Semifinais
1965–66 1 1ª Div. 10–8 Subcampións
1966–67 1 1ª Div. 18–2 Semifinais 2 RecopaCF5–2
1967–68 1 1ª Div. 16–4 Subcampións 1 RecopaFG5–2
1968–69 1 1ª Div. 15–3–4 Campións
1969–70 1 1ª Div. 17–1–4 Subcampións 2 RecopaCF4–2
1970–71 1 1ª Div. 21–1 Subcampións 2 RecopaCF6–2
1971–72 1 1ª Div. 17–5 Subcampións 2 RecopaSF4–2
1972–73 1 1ª Div. 25–2–3 Semifinais 2 RecopaSF5–3
1973–74 1 1ª Div. 22–1–5 Subcampións 3 Copa KoraćCF5–1
1974–75 1 1ª Div. 16–1–5 Cuartos de final 2 RecopaCF4–3
1975–76 1 1ª Div. 20–12 Campións 3 Copa KoraćSF5–2
1976–77 1 1ª Div. 15–1–6 Semifinais 2 RecopaSF7–5
1977–78 1 1ª Div. 20–2 Semifinais 3 Copa KoraćSF9–1
1978–79 1 1ª Div. 16–2–4 Cuartos de final 1 Copa de EuropaSF8–8
1979–80 1 1ª Div. 15–7 Semifinais 3 Copa KoraćCF4–4
1980–81 1 1ª Div. 16–1–9 Semifinais 3 Copa Korać7–2
1981–82 1 1ª Div. 15–11 Cuartos de final 3 Copa KoraćCF3–3
1982–83 1 1ª Div. 14–1–11 Cuartos de final 3 Copa KoraćCF1–5
1983–84 1 ACB 24–11 Cuarto lugar
1984–85 1 ACB 26–11 Subcampións
1985–86 1 ACB 25–8 Subcampións Supercopa 2 RecopaSF6–2
1986–87 1 ACB 29–8 Subcampións Supercopa 2 RecopaCF3–3
Copa Príncipe
1987–88 1 ACB 21–14 Semifinais Supercopa 2 Recopa8–3
Copa PríncipeSF
1988–89 1 ACB 26–16 Semifinais Copa Príncipe 3 Copa KoraćCF6–2
1989–90 1 ACB 29–15 Subcampións 3 Copa Korać11–1–2
1990–91 1 ACB 40–6 Terceiro lugar Copa Príncipe 3 Copa KoraćSF9–3
1991–92 1 ACB 36–14 Terceiro lugar 1 Euroliga14–4
1992–93 1 ACB 33–14 Subcampións 1 EuroligaFG6–6
1993–94 1 ACB 24–14 Cuartos de final 1 Euroliga15–5
1994–95 1 ACB 14º 17–21 Cuartos de final 1 EuroligaFG2–14
1995–96 1 ACB 13º 17–21
1996–97 1 ACB 24–17 Campións
1997–98 1 ACB 25–13 Subcampións 2 EurocupOF10–4
1998–99 1 ACB 10º 18–16 Cuartos de final 2 Copa SaportaCF13–3
1999–00 1 ACB 11º 16–18
2000–01 1 ACB 14º 11–23
2001–02 1 ACB 18–16 Cuartos de final
2002–03 1 ACB 18–19 Cuartos de final 2 ULEB CupSF9–7
2003–04 1 ACB 16–21 Subcampións 2 ULEB CupCF8–6
2004–05 1 ACB 21–17 2 ULEB CupOF6–1–5
2005–06 1 ACB 28–14 Cuartos de final 3 FIBA Eurocup13–3
2006–07 1 ACB 28–16 Semifinais SupercopaSF 1 EuroligaT168–12
2007–08 1 ACB 27–12 Campións 2 ULEB Cup16–1
2008–09 1 ACB 23–12 Cuartos de final SupercopaSF 1 EuroligaRS4–6
2009–10 1 ACB 11º 15–19 Cuartos de final 2 EurocupL168–4
2010–11 1 ACB 13º 14–20 Cuartos de final
2011–12 1 ACB 11º 16–18
2012–13 1 ACB 11º 16–18
2013–14 1 ACB 16–18
2014–15 1 ACB 19–17 Semifinais
2015–16 1 ACB 13º 13–21
2016–17 1 ACB 14º 11–21
2017–18 1 ACB 15º 12–22 3 Champions League2RC2–1–1
2018–19 1 ACB 18–18 Semifinais
2019–20 1 ACB 12º 11–17 2 EuroCupT168–8
2020–21 1 ACB 21–18 2 EuroCupCF12–5
2021–22 1 ACB 25–16 Cuartos de final 2 EuroCupOF12–5
Pechar

Finais da Euroliga

O "Montigalà Joventut" presentouse na Final Four de Istanbul 1992 como un dos mellores equipos europeos do momento. No partido de semifinais desfíxose do Estudiantes con facilidade. Na gran final esperaba o belgradino Partizan, dirixido por Željko Obradović e liderado polo talento de Predrag Danilović e Aleksandar Đorđević. A poucos segundos do final, o base Tomás Jofresa logrou unha canastra que puña dous puntos arriba ao conxunto verdinegro. A vitoria final estaba moi cerca para os de Badalona, mais apareceu Đorđević. O base rival cruzou toda a cancha e anotou unha decisiva tripla. O Partizan colocábase cun punto de vantaxe e xa non houbo tempo para que o Joventut puidese contraatacar dunha forma organizada.

Despois da Liga Europea, dous anos despois conseguiron mudar o final. En 1994, o Joventut de Obradović, o mesmo adestrador que lles arrebatou a copa en Istanbul, fíxose co título en Tel Aviv cunha tripla de Corny Thompson nos últimos instantes da final. Os badaloneses venceron en semifinais ao Barcelona e na final ao Olympiacos e, deste xeito, o Joventut logrou converterse no primeiro club catalán en conseguilo.

Outras Competicións

Open McDonald's

Uniforme

O camiseta de xogo do Joventut sempre foi verde cunha banda horizontal negra ao redor do peito e os pantalóns tradicionalmente negros, coa excepción dalgúns anos que tamén foron de cor verde. Tradicionalmente a roupa de visitante foi de cor branca, e ademais na tempada 2008-09 foi estreada unha camiseta alternativa de cor prata. Como curiosidade, as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX.

Thumb
Uniforme tradicional do Joventut.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.