En bioloxía celular a pinocitose (do grego "bebida da célula"), é unha forma de endocitose na que líquidos e solutos e partículas moi pequenas en suspensión entran na célula ao formarse unha invaxinación na membrana plasmática, que seguidamente orixina unha pequena vesícula no interior da célula dentro da que se encontra o material endocitado. As vesículas pinocíticas son de pequeno tamaño e acaban por fusionarse con endosomas e lisosomas. O proceso require enerxía en forma de ATP.

Thumb
Pinocitose.

Características

A pinocitose utilízase principalmente para a absorción de fluído extracelular cos seus solutos. As vesículas de pinocitose son moito menores ca as fagocíticas. Fálase de micropinocitose cando as vesículas son de aproximadamente 80 nm de diámetro, e de macropinocitose cando son maiores. A maior parte das vesículas pinocíticas fórmanse en zonas da membrana onde hai fosas ou depresións revestidas de clatrina e orixinan vesículas revestidas da proteína clatrina [1].

A diferenza da fagocitose, que incorpora en vesículas partículas sólidas de bastante tamaño, a pinocitose incorpora fluídos. A diferenza da endocitose mediada por receptor, a pinocitose non é específica das substancias que se van absorber. A diferenza da difusión de líquidos a través da membrana, a pinocitose sempre implica a formación de vesículas.

A pinocitose é moi común entre as células. Un macrófago absorbe nunha hora o 25% do seu peso en líquidos [1], e, loxicamente, tamén perde moita auga. A pinocitose é moi activa en células especializadas na nutrición como as da mucosa intestinal, ou no óvulo, que absorbe por pinocitose alimentos disolvidos cedidos polas células da granulosa que o rodean.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.