Remove ads
crustáceo From Wikipedia, the free encyclopedia
O percebe da madeira,[1] ou falso percebe,[2] Lepas anatifera, Linnaeus 1758, é unha especie de crustáceo cirrípede da orde dos pedunculados e familia dos lepádidos,[3] unha das catorce integrantes do xénero Lepas.[4]
Percebe da madeira Lepas anatifera | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Percebes da madeira na praia de Ponzos (Ferrol) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lepas anatifera Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Este percebe, non comestíbel, encóntrase, a miúdo en grandes cantidades, unido polo seu pedúnculo flexíbel a madeiras flotantes, cascos de barcos, peiraos, pilotes, algas e varios tipos de restos flotantes, como botellas.[5]
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 669 do tomo 1º do seu Systema Naturae.[6]
Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo (protónimo), a especie coñécese tamén polo sinónimo:[6]
No estadio final do seu desenvolvemento o corpo, capítulo ou cabeza (capitulum) de 4 a 5 cm de lonxitude formado, xeralmente, por cinco placas calcarias lisas, finas (case translúcidas), de cor branca con tons azulados, bordeadas de escarlata, separadas por un tegumento negro, que amosan liñas de crecemento paralelas ás marxes e unhas poucas liñas con esculturas radiais tenues. O capítulo está sostido por un longo pedúnculo, moito máis fino e menos musculado que o do percebe común, de até 10–20 cm de lonxitude (pero que nalgúns casos pode chegar aos 85) e de cor parda ou marrón escura, agrisada.[7][8][2]
Dentro do capítulo, este percebe ten a verdadeira cabeza, o tórax e un abdome vestixial. Un número de cirros, filamentosos, ou tentáculos, de cor marrón, empregados para a alimentación proxéctanse entre as placas. O capítulo pode crecer até unha lonxitude de 5 cm.[8]
Como o común, o percebe da madeira é un organismo sésil pero non se fixa sobre rochas senón sobre obxectos flotantes (madeiras, boias, cortizas, botellas etc.).[9]
E como nel, o pedúculo fórmase a partir das antenas da forma larvaria, mentres que as patas convértense en cirros que filtran a auga e conducen periodicamente o plancto cara ao animal.
Lepas anatifera ten unha área de distribución cosmopolita, encontrándose en mares tropicais e subtropicais de todo o mundo. Debido a que a miúdo está unido a obxectos transportados a mares máis fríos por correntes, como a deriva do Atlántico Norte, a miúdo encóntrase moi lonxe do seu lugar de orixe, e en augas demasiado frías para reproducirse. Desta forma rexistrouse a súa presenza en Europa desde Noruega, Islandia e as Illas Shetland, as Feroe, e Spitsbergen.[8]
É abundante no Atlántico. Non é obxecto de recolección nin aproveitamento porque non é comestible.[9]
O percebe da madeira é hermafrodita e comenza a reproducirse cando mide aproximadamente 2,5 cm de lonxitude. A fecundación é interna, e ovos incúbanse dentro do manto durante unha semana antes de emerxer como larvas nauplio de natación libre. Despois do seu crecemento, navegando á deriva como parte do plancto, aséntanse en obxectos flotantes.[5]
Sábese desde hai tempo que Lepas anatifera habita sobre tartarugas mariñas, pero en 2008 encontráronse algúns pequenos espécimes unidos a un crocodilo americano (Crocodylus acutus) na costa mexicana do Pacífico. Esta especie de crocodilo habita principalmente mangleiarais e estuarios de ríos, pero é tolerante ao sal e, ás veces, encóntrase en ambientes mariños. Neste caso, o tamaño dos percebes indica que o crocodilo debeu estar no mar durante polo menos unha semana. Esta foi a primeira vez que Lepas anatifera rexistrouse como un epibionte dun crocodilo.[10]
Segundo Ríos Panisse os nomes co que se coñece esta especie en Galicia son:[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.