Peramélidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Peramélidos

A dos peramélidos (Peramelidae) é unha familia de mamíferos marsupiais do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos, e orde dos peramelemorfos,[1] coñecidos vulgarmente como bandicuts,[2] e que son denominados ás veces, debido aos seus hábitos alimentarios, marsupiais omnívoros, xa que, a pesar de posuíren unha dentición de tipo carnívoro (poliprotodonte), presentan, en grao variábel, unha dieta omnívora.[3]

Máis información PeramélidosPeramelidaeBandicuts Rango fósil: oligoceno - actualidade, Clasificación científica ...
Peramélidos
Peramelidae
Bandicuts

Rango fósil: oligoceno - actualidade
Thumb
Perameles gunni
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Peramelemorphia
Familia: Peramelidae
Subfamilias
Pechar

Todos os membros da familia son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola.

Características

De aparencia semellante á dunha rata placentaria, teñen o fociño longo e rematado en punta, longas orellas sen pelo e a cola peluda.

O seu tamaño é algo maior que o dunha rata e máis pequeno que o do coello. Os dedos das catro patas rematan en agudas garras. A pelaxe está formado por serdas bastas, e a súa cor pode ser alaranxada, agrisada ou marrón; tamén pode ser raiada nalgunhas especies.

Os bandicuts distínguense por dúas características que diverxen do conxunto dos marsupiais: a primeira é a presenza de moitos dentes incisivos (poliprotodoncia), que é característico dos marsupiais carnívoros e insectívoros, e a segunda é unha estrutura especializada do que consiste na unión dos dedos segundo e terceiro para formaren unha única uña, que é propio dos marsupiais herbívoros como os canguros.

Taxonomía

A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, no seu traballo publicado en Ann. Philos., n.s., 10: 336.[1]

Thumb
Isoodon auratus.
Thumb
Isoodon macrourus.
Thumb
Perameles bougainville.

Etimoloxía

O nome científico da familia, Peramelidae, está formado sobre a base do nome Perameles, o seu xénero tipo, coa adición da forma sufixa do latín científico -ĭdae, propia dos nomes das familias de animais.

Pola súa parte, Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[4]

É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelidae significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinario, a familia coñécese tamén polos sinónimos.[1]

  • Peroryctidae
  • Echymiperinae

Clasificación

Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, a familia comprende tres subfamilias, cos seis xéneros seguintes:[1][5]

Familia Peramelidae Gray, 1825

  • Subfamilia Echymiperinae McKenna & Bell, 1997
    • Xénero Echymipera Lesson, 1842
    • Xénero Microperoryctes Stein, 1932
    • Xénero Rhynchomeles Thomas, 1920
  • Subfamilia Peramelinae Gray, 1825
    • Xénero Isoodon Desmarest, 1817
    • Xénero Perameles É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1804
  • Subfamilia Peroryctinae Groves & Flannery, 1990

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.