Peroryctes

xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia

Peroryctes

Peroryctes é un xénero subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos peramelemorfos e familia dos peramélidos,[1] o único da subfamilia dos perorictinos.[2]

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Peroryctes
Thumb
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Peramelemorphia
Familia: Peramelidae
Subfamilia: Peroryctinae
Groves & Flannery, 1990
Xénero: Peroryctes
Thomas, 1906
Especies
Véxase o texto
Pechar

Taxonomía

Descrición

Xénero

O xénero Peroryctes foi descrito en 1906 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Proc. Zool. Soc. Lond., 1906: 476.[1]

Subfamilia

A subfamilia Peroryctinae foi descrita en 1990 polo zoólogo e antropólgo inglés residente en Australia Colin Groves e o seu colaga australiano Tim Flannery, en Seebeck, J. (1960): Bandicoots and Bilbies.[2]

Etimoloxías

O nome científico Peroryctinae está formado sobre a base do nome do xénero tipo (e único) da subfamilia, Peroryctes, coa adición da forma sufixa do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Pola súa parte Peroryctes, termo de etimoloxía mixta,[3] formouse co elemento do latín científico per-, tirado do nome latino pēra, 'alforxa', e o o substantivo do grego antigo ὀρύκτης orýktēs, 'escavador'.[4] Literalmente 'o escavador con bolsa' (aludindo ao marsupio).

Clasificación

McKenna e Bell (1997) atribuíron o nome Peroryctinae a unha publicación de Archer et al. (1989), pero considerárono como un nomen nudum, referíndose a un nome manuscrito de Groves e Flannery. Kirsch et al. (1997) considerárono como unha subfamila dos peraméldos. Westerman et al. (1999) consideraron a familia, sensu Groves e Flannery, probabelmente como polifilética, e que Echymipera e Microperoryctes forman un clado irmán dos xéneros dos peramélidos; materiais adicionais confirman isto, e engaden o xénero Peroryctes como un terceiro clado, probabelmente irmán do resto (Westerman et al. (2001).[2]

Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, subfamilia está fomada por un único xénero, Peronictes coas especies e subespecies seguintes:[1][5]

Subfamilia Peroryctinae Groves & Flannery, 1990

  • Xénero Peronictes Thomas, 1906
    • Peroryctes broadbenti (Ramsay, 1879) – Bandicut xigante
    • Peroryctes raffrayana (Milne-Edwards, 1878) - Bandicut de Raffray [6][7]
      • Peroryctes raffrayana raffrayana (Milne-Edwards, 1878)
      • Peroryctes raffrayana rothschildi (Förster, 1913)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.