Período Ubaid
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Periodo de El Obeid ou El Ubaid son as denominacións historiográficas dun período protohistórico de Mesopotamia.
Epónimo | Tell al-'Ubaid (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Sucedido por | Período de Uruk e Late Chalcolithic (en) | |||
Tell el-Obeid ou el-Ubaid (en àrabe: العبيد, al-ʿUbayd) son transcricións ao alfabeto latino do topónimo árabe que corresponde arqueoloxicamente a un asentamento da Baixa Mesopotamia, cuxa cultura material, identificada na súa extensión por unha grande área do Antigo Oriente Próximo, coñécese como cultura El Obeid.[1] Esta cultura considérase a primeira etapa da civilización sumeria, mantendose descoñecida a orixe real dos sumerios como pobo.
O "Tel" que identifica este sitio arqueolóxico está situado a pouca distancia ao oeste da antiga cidade de Ur.
Os primeiros testemuños desta cultura datáronse cara ao 5000 a.C., acadando o seu maior desenvolvemento cara ao 4500 a.C.. Ao redor do 4000 a.C. está moi estendido en gran parte do Oriente Medio, estendendose esta unidade cultural ata o 3700 a.C. aproximadamente.[1] O comezo desta etapa coincide aproximadamente coa entrada na rexión dos nómades desde as montañas Zagros.[2]
Arqueoloxicamente, o período Obeid divídese en catro subperíodos. Segundo a escola de Lión, cada un deles corresponde a un dos períodos da historia do Oriente Medio,[3] a partir de Obeid I no "período 6" e o Obeid IV no "período 9".[4]
A esta escala cronolóxica pódeselle engadir un período Obeid O, anterior, identificado no sitio de Tell el-'Oueili, que trazaría as súas datas ata o 6400 a.C.[5]
Durante o período El Obeid, a agricultura avanzou grazas ao control das augas superficiais, a través de técnicas de rego baseadas en canais.[6] Este desenvolvemento permitiu que a agricultura florecera en novas áreas de Mesopotamia.[1]
A olería deste período desenvolveuse a través dalgúns trazos moi característicos, moi diferentes aos da cultura Halaf anterior, pasta verdosa con engobe claro, cuncas, pratos e xerras pequenas como elementos máis prolíficos e decoración xeométrica sobre fondo claro. As formas cerámicas evolucionan, paredes cerámicas máis finas, a aparencia dos "vasos de tartaruga", xerras máis grandes agora equipadas con tiradores e incluso botellas con pescozos longos.[1] A expansión desta olería por toda a conca de Mesopotamia ata o Mediterráneo é un sinal do impulso que experimentou a cultura de El Obeid.[1]
Tiña cerámica de torno pulimentada e avanzaron na metalurxia, atopáronse moldes e unha especialización artesanal en estampado de cobre. Os metais procedían do Cáucaso.
É a primeira cultura na que se detectou o desenvolvemento de símbolos documentais identificables de cada persoa, placas de arxila con incisións. Máis tarde estas identificacións evolucionaron ata os selos cilíndricos que se colgaban do pescozo e que incorporarán inscricións de escritura coa aparición da escrita cuneiforme. A ausencia de pedras duras na zona implicou a necesidade de comercio a longa distancia para contar con material para tallalas.
No período Obeid atópanse os primeiros restos de edificios relixiosos integrados nas cidades (templos).[7] Inicialmente foron en forma de socalcos, edificios rectangulares e tellados planos. Estas construcións son a orixe dos cigurats, formados pola superposición de varios socalcos de anchura decrecente.[7] Os seus templos eran de proporcións maiores que os de Eridu, superando os 12 metros cadrados.
Os enxovais funerarios, destacan polas súas figuras con cabezas de serpe, características do culto á Deusa nai.[a]
Entre os mitos desta cultura, destacou o de Inanna ou Ishtar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.