Remove ads
xornalista española From Wikipedia, the free encyclopedia
María José Bueno Márquez, máis coñecida como Pepa Bueno, nada en Badaxoz en 1964, é unha xornalista española, presentadora de televisión e radio.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María José Bueno Márquez 25 de xaneiro de 1963 (61 anos) Badaxoz, España |
Directora El País | |
2021 – | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) |
Educación | Facultade de Ciencias da Información - Q67146338 (1982–1987) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | locutor, empresario de medios, presentadora de novas, escritora, presentadora de televisión, xornalista, director de televisión |
Período de actividade | 1987 - |
Empregador | Mediaset España (2014–2015) Grupo PRISA (2012–) RTVE (1987–2012) |
Pseudónimo literario | Pepa Bueno |
Familia | |
Fillos | Manuela |
Premios | |
| |
Comeza a súa carreira profesional nos servizos informativos de Radio Nacional de España-Estremadura, de onde pasou, como xefa de informativos a RNE-Aragón, á vez que colabora co xornal Diario 16.
Tras pasar pola xefatura de informativos en Madrid da emisora de radio pública, en 1991 incorpórase a Televisión Española e, concretamente, ao seu Centro Territorial en Andalucía, onde presentou e dirixiu o informativo rexional. Máis tarde fixo o propio no Centro Territorial de Madrid.
En setembro de 1996 asume a subdirección e copresentación, xunto a Jose Toledo, do programa de actualidade Gente. Durante case oito anos aparece diariamente na pequena pantalla, dando noticia da crónica de sucesos acaecida no país.
Tras o nomeamento de Fran Llorente como director dos servizos informativos de TVE, é seleccionada para substituír a Luis Mariñas no programa diario de entrevistas e actualidade política Los desayunos de TVE,[1] labor que desempeñou entre 2004 e 2009. Entre marzo e xuño de 2008, ademais, conduciu o magacín matinal Esta mañana na mesma cadea.[2]
Ocasionalmente escribe artigos de opinión en El Periódico de Catalunya.
Colabora activamente coa Asociación Escola para Todas, un ente sen ánimo de lucro e cuxo principal obxectivo céntrase na escolarización de nenas en Camboxa. Pepa Bueno é embaixadora de Escola para Todas de Marie Claire.[3]
En setembro de 2009 fíxose cargo da segunda edición do Telediario en TVE, en substitución de Lorenzo Milá.[4]
A partir do 2 de setembro de 2012 presenta xunto con Gemma Nierga o programa líder das mañás da radio española Hoy por hoy da Cadena SER.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.