Remove ads
xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Mariñas Lage, nado na Coruña o 7 de agosto de 1947 e finado en Madrid o 27 de decembro de 2010[1], foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1947 A Coruña, España |
Morte | 27 de decembro de 2010 (63 anos) Madrid, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentador de televisión, director de televisión |
Empregador | Televisión Española |
Familia | |
Cónxuxe | Beatriz Pérez-Aranda |
Comezou a súa traxectoria profesional en 1969, en Televisión Española, onde permaneceu durante os seguintes vinte anos. En 1974 é nomeado director de TVE en Galicia, onde puxo en marcha o programa Panorama de Galicia, primeiro programa rexional informativo da historia da televisión galega. Foi tamén o primeiro de utilizar o galego nun programa informativo[2]. En 1977 é destituído como director dese programa por presións políticas[3].
En 1981 foi nomeado responsable da Área Nacional dos Informativos de TVE. En 1982, foi nomeado director da primeira edición de Telediario e entre 1983 e 1984 o foi da segunda, que se emitía ás 21,00.
En 1987 comezou a facerse máis popular cando se lle asinou, de novo, a dirección e ademais a presentación do Telediario de ámbito nacional, labor no que permaneceu ata 1990.
Ese mesmo ano foi contratado por Valerio Lazarov, daquela á fronte da recentemente nacida canle de TV Telecinco para que puxese en marcha os informativos da emisora.
Mariñas foi Director de Informativos en Telecinco entre 1990 e 1998, e durante ese tempo, a parte das novas, tamén dirixiu e presentou outros programas de debate e entrevistas. O 31 de maio de 1993 moderou o segundo debate televisado entre Felipe González e José María Aznar para as eleccións xerais de 1993.
En 1998 foi relevado do seu cargo en Telecinco e abandonou a canle para volver a Televisión Española, onde, durante seis tempadas, ata 2004, presentou e dirixiu o espazo informativo matinal Los desayunos de TVE.
En 2004 pasou á canle autonómica madrileña Telemadrid, para facerse cargo das Noticias. En 2005 deixou ese labor para conducir o programa divulgativo Años Luz na mesma cadea.
En febreiro de 2007 estreou tamén programa en Canal Sur, chamado Vista Pública.
O seu último traballo foi o de Director de Comunicación de Portos do Estado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.