Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un penico,[1] tamén chamado ouriñal[2] ou bañado,[3] é un recipiente de fondo plano e forma redonda gardado no dormitorio debaixo da cama e usado como baño pola noite (pero case exclusivamente para ouriñar). Tamén o empregan os nenos pequenos que xa non levan cueiros mais aínda non están afeitos ao uso do retrete.[4] Os penicos poden ser de ferro, bronce, cerámica, porcelana, ágata e, máis recentemente, plástico. Case todos teñen unha asa.
Un tipo peculiar de penico, o Bourdaloue, foi deseñado especificamente para o uso das mulleres. A forma alongada, rectangular ou ovalada do inodoro, ás veces coa parte frontal alta, permitía que a muller ouriñase de pé ou agachada sen moito risco, o que tamén contribuía a reducir a cantidade de roupa a lavar.
O nome "Bourdaloue" supostamente provén dun famoso sacerdote católico francés, Louis Bourdaloue (1632 – 1704), que pronunciou sermóns tan longos que as damas aristocráticas que o escoitaban colocaban discretamente debaixo da roupa para que puidesen ouriñar sen necesidade de ir fóra do lugar. Porén, é probable que isto sexa só unha lenda.[5]
Os penicos mantivéronse de uso rutineiro (especialmente nas zonas rurais) ata mediados do século XX, cando o uso crecente de cuartos de baño con inodoros foi substituíndoos gradualmente. Nalgúns países, como a China (que ten unha gran poboación rural), aínda hoxe se atopan facilmente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.