From Wikipedia, the free encyclopedia
O peixe piloto (Naucrates ductor) é un peixe cosmopolita e peláxico, perciforme, da familia Carangidae. Acostuma pasar dos 30 centíometros de longo, e pode chegar até os 70 cm, cun corpo alongado con oito bandas verticais negras, cabeza puntiaguda e boca pequena. Ten este nome porque a especie ten o costume de seguir tiburóns, outros peixes grandes, barcos e mesmo obxectos flotantes. Vive en augas cálidas e profundas de todo o mundo. Ao acompañar tiburóns e outros carnívoros, aproveitan os seus restos, mesmo sobre a pel deses peixes grandes, entablando unha relación simbiótica, sendo observado comer restos de dentro da boca de quenllas.
Peixe piloto | |
---|---|
Clasificación científica | |
| |
Nome binomial | |
'Naucrates ductor' |
A autoridade científica sobre a especie é Linnaeus, foi descrita no ano 1758.
Encóntrase presente en practicamente todo o océano Atlántico, incluída a costa de Galiza[1] e Portugal, onde é unha especie nativa.
Os seus nomes comúns son peixe piloto, piollo, piloto ou romeiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.