From Wikipedia, the free encyclopedia
Pavimento ou pavimentación[1] (do latín pavimentu),[2] en arquitectura, é a base horizontal dunha determinada construción (ou as diferentes bases de cada nivel dun edificio) que serve de apoio ás persoas, animais ou calquera peza de mobiliario. Chámase pavimento aos diversos tipos de revestimento e tamén ao material con que se elabora ese revestimento (pedra, madeira, cerámica etc.). É sinónimo de piso, terrazo ou chan.[3]
En enxeñería, pavimento, sollado ou firme[1] é a capa constituída por un ou máis materiais que se colocan sobre o chan ou terreo natural ou nivelado, para aumentar a súa resistencia e servir para a circulación de persoas ou vehículos. Entre os materiais utilizados na pavimentación urbana, industrial ou viaria están os chans con maior capacidade de soporte, os materiais rochosos, o formigón e as mesturas asfálticas.
Unha das primeiras formas de pavimentación foi a calzada romana, construída en varias camadas. Esta grande obra de enxeñería logrou que varios tramos resistan durante séculos e que se poidan atopar inclusive hoxe.
En xeoloxía, un pavimento desértico é unha superficie plana e rochosa que subsiste nunha zona desértica cando as partículas finas foron levadas polo vento.[4]
En xeografía, un pavimento glaciario é a superficie dunha rocha, xeralmente dura e pulida, que presenta estrías e acanaladuras, produtos da erosión dun glaciar ou dun inlandsis da era Cuaternaria ou de tempos máis remotos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.