Inlandsis

masa extensa de xeo glaciar nos casquetes polares From Wikipedia, the free encyclopedia

Inlandsis
Remove ads

Inlandsis[1][2] ou manto de xeo (palabra de orixe danés[3]) é a denominación correspondente a todo gran campo glaciar do tipo chamado xeo continental localizado en latitudes elevadas e con extensións realmente continentais (máis dun millón de km²). Na actualidade os dous grandes inlandsis son a calota de xeo que recobre a maior parte da Antártida e o que recobre a maior parte de Groenlandia.[4]

Thumb

Tipoloxía

Os inlandsis posúen unha forma cupular cunha gran curvatura, independentemente do relevo que posúa o substrato en que están asentados. O peso do xeo (nas partes máis profundas "xeo fósil") e a neve dos inlandsis (na Antártida chega a ter 2.000 m de espesor) provoca o afundimento da placa continental de codia que recobren. Por este motivo, gran parte da codia na Antártida atópase baixo o nivel do mar.

Durante as glaciacións, a extensión dos inlandsis amplíase considerablemente (na de Würm ou wurmiense, os dous grandes inlandsis -no do hemisferio sur e o do hemisferio norte- estendíanse dende os polos ata aproximadamente os 45º graos de latitude). Durante os períodos mornos ou cálidos interglaciares o retroceso dos inlandsis deixa destacadas pegadas no relevo das terras emerxidas: en primeiro lugar prodúcese por isostasia unha lenta elevación do territorio que estivo baixo o xeo, e preséntanse formacións xeofísicas características: escudos (extensas planicies e chairas debidas á forte erosión dos xeos dun inlandsis ao avanzar e retroceder). Isto apréciase especialmente no hemisferio norte onde destacan o Escudo Canadense e o Escudo Escandinavo, lagos glaciares, outeiros morénicas, vales de orixe glaciar, fiordes, firths, rías, xigantescos cantos rodados e (como ocorre na Patagonia Arxentina) picachos illados (antigos nunataks) chamados chihuidos.

Remove ads

Inlandsis da Antártida

Artigo principal: Inlandsis da Antártida.

O inlandsis antártico constituíuse primeiramente como un campos de xeo a inicios do oligoceno con períodos de avance e retroceso ata o plioceno cando os xeos cubriron o continente da Antártida ao situarse este pola deriva continental na área polar meridional. A idade do xeo estímase entre 120.000 e 500.000 anos.[5]

O inlandsis antártico cobre unha área de máis de 14 millóns de km² ampliándose a uns 30 millóns de km² durante o inverno. Coa súa extensión estival de 14 millóns de km² posúe 30 millóns de km³ de xeo, isto significa o 90% da auga doce do planeta Terra.[6] Se os xeos do inlandsis antártico se derretesen o nivel dos océanos elevaríase 61,1 m. O quecemento global xa provocou a case total desaparición das ducias de miles de quilómetros correspondentes á barreira de xeos Larsen a partir dos 1980.[Cómpre referencia]

Baixo a capa de xeo localizáronse varios lagos subglaciais, o maior dos cales é o lago Vostok. A posible existencia de vida microbiana nestes lagos está por determinar.[5]

Remove ads

Inlandsis de Groenlandia

Estímase que esta capa de xeo formouse a finais do Plioceno ou principios do Plistoceno, calculando unha idade media do xeo de 110.000 anos.[7]

O inlandsis groenlandés actualmente posúe unha extensión de 1,7 millóns de km², isto é, o 82% da grande illa norteamericana de Groenlandia. O xeo acada un espesor de máis de 3 km na súa parte central, localizándose lo leito de rocha nalgúns puntos a máis de 300 m baixo o nivel do mar.[7]

O volume dos seus xeos é de 2,85 millóns km³, se se fundise o inlandsis groenlandés o nivel dos océanos ascendería 7,2 m. A situación deste inlandsis é actualmente crítica a causa do quecemento global por factores antrópicos, sendo a velocidade de fusión de 239 km³/ano.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads