From Wikipedia, the free encyclopedia
A nunatak (en inuktitut nunattak = pico solitario) é un pico montañoso que está rodeado por un campo de xeo; o termo utilízase nas linguas de Europa occidental desde a década de 1880.
A erosión provocada polos ciclos de desxeo fai que os nunataks teñan normalmente unha configuración rugosa e dura, en forte contraste coa erosión progresiva pola acción glaciar. A situación illada dos nunatak provoca ás veces o desenvolvemento da fauna e da flora en condicións moi similares ás das illas. Adoitan usarse como puntos de referencia no medio dunha grande extensión de xeo. Frecuentemente as expedicións aséntanse alí temporalmente ou constrúense bases permanentes; por exemplo, a base antártica arxentina Belgrano II está situada no Nunatak Bertrab.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.