artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Bolivia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Bolivia ratificou a convención o 4 de outubro de 1976, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
† En perigo * Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Localización (departamento) | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Potosí | Departamento de Potosí | 1987 | 420; ii, iv, vi (cultural) | |
02 | Misións xesuítas de Chiquitos | Departamento de Santa Cruz | 1990 | 529; i, iv (cultural) | |
03 | Cidade histórica de Sucre | Departamento de Chuquisaca | 1991 | 566; iv (cultural) | |
04 | Forte de Samaipata | Departamento de Santa Cruz | 1998 | 883; ii, iii (cultural) | |
05 | Tiwanaku | A Paz | 2000 | 567; iii, iv (cultural) | |
06 | Parque Nacional de Noel Kempff Mercado | Departamento de Santa Cruz | 2000 | 967; ix, x (natural) | |
07 | Camiños do Inca* | Varios, compartido con Arxentina Chile Colombia Ecuador Perú |
2014 | 1459; ii, iii, iv, vi (cultural) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.