Potosí

From Wikipedia, the free encyclopedia

Potosímap
Remove ads

A cidade de Potosí, coñecida como a Villa Imperial de Potosí é unha cidade no sur da República de Bolivia, capital do departamento de Potosí, e da provincia de Tomás Frías. Esténdese ao pé dun monte lendario chamado Cerro Rico (en quechua: 'Sumaj Orcko'), no que estivo situada a maior mina de prata do mundo desde mediados do século XVI ata mediados do século XVII.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Segundo os últimos datos do censo oficial de 2012 do Instituto Nacional de Estadística de Bolivia INE, o Departamento de Potosí ten 828.093 habitantes (410.822 homes e 417.271 mulleres) mentres que na cidade (capital) a súa poboación chega a 189.652 habitantes A súa altitude media é de 4.067 msnm, polo que é, entre as cidades de máis de 100.000 habitantes, a segunda máis alta do mundo detrás de El Alto, aínda que esta última intégrase no aglomerado de A Paz, de menor altitude que Potosí.

A poboación indíxena representa aproximadamente o 65% da poboación (entre quechuas e aimarás) segundo unha enquisa racial de Bolivia no 2009, logo mestizos que representan o 30% e brancos (principalmente crioulos) un 5% aproximadamente.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads