artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Alxeria, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Alxeria, país de cultura árabe que ocupa un gran territorio no Norte de África, ratificou a convención o 24 de xuño de 1974, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
O sitio Al Qal'a dos Beni Hammad, que conta coas ruínas dunha cidade histórica local, foi o primeiro lugar de Alxeria incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 4ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en París (Francia) en 1980. Dende entón, Alxeria conta con sete sitios inscritos como Patrimonio da Humanidade, sendo 6 deles de clasificación cultural e 1 de clasificación mixta (o sitio Tassili n'Ajjer).
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Al-Qal'a de Beni Hammad | M'Sila | 1980 | 102; iii (cultural) | |
02 | Tassili n'Ajjer | Illizi | 1982 | 179; i, iii, vii, viii (mixto) | |
03 | Djémila | Sétif | 1982 | 191; iii, iv (cultural) | |
04 | Val de M'Zab | Laghouat | 1982 | 188; ii, iii, v (cultural) | |
05 | Timgad | Batna | 1982 | 194; ii, iii, iv (cultural) | |
06 | Tipasa | Tipasa | 1982 | 193; iii, iv (cultural) | |
07 | Casba de Alxer | Alxer | 1992 | 565; ii, v (cultural) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.